O Servizo de Información e Orientación Laboral de FADEMGA Plena inclusión Galicia en Pontevedra, ven de recibir novas axudas por parte do Concello de Vigo e da Deputación pontevedresa.
Por parte do Concello vigués, a nosa delegación recibiu no mes de agosto un total de 1300.00€ grazas á "Subvención a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades da área dos Servizos Sociais no ano 2018.
Por outra banda, a Deputación de Pontevedra, concedeu un total de 4.500,00€, como parte da "Subvención dirixida a entidades sen fin de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude na provincia de Pontevedra no ano 2018"