O Concello de Ourense ven de conceder unha nova subvención a FADEMGA Plena inclusión Galicia, por un importe de 5.387,56€, para o proxecto “Servizos de Emprego para persoas con discapacidade intelectual ou do Desenvolvemento de Ourense”.
Esta subvención axudará a nosa federación a continuar coa difusión dos servizos que prestamos actualmente dende a área de emprego e formación, así como á promoción e mellora da inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual a través de procesos formativos ou de inserción laboral axeitados ás súas características e necesidades individuais.