Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O Modelo de Calidade Plena (que se sustenta na calidade de vida, calidade na xestión e na ética) conta cun Sistema de Avaliación, que pretende que tódalas organizacións que forman parte do Movemento Asociativo Plena inclusión sexan capaces de percorrer un camiño de mellora, que lles leve cara á acreditación da calidade nos seus procesos, á xestión dos seus apoios, dos seus servizos….

Froito do plan de acción da comisión de calidade de FADEMGA e desta importancia organizacional que supón para nós a calidade, naceu esta xornada dirixida a tódalas persoas que conforman o noso movemento asociativo (persoas usuarias das entidades, familiares, xuntas directivas, directores/as-xerentes, profesionais de atención directa ou non e voluntari@s) e a tavés da cal a federación buscou proporcionar información e apoio externo ás nosas entidades, entre as que se atopaban PAI MENNI, BATA, ASPANAEX, AS BURGAS, AMIPA, JUAN XXIII, ASPADISI, ASPANANE, ASPNAIS, CHAMORRO, CAMIÑA, SAN XEROME, ASPRONAGA, ACEESCA, JUAN MARÍA, e ASPADEZA, así como a entidade convidada de AVD GALICIA .

A través desta xornada, Xosé Manuel Carballo (Directivo da comisión de calidade de FADEMGA Plena inclusión Galicia) e Bibiana Sieiro (membro da rede de calidade Plena nacional e responsable de calidade de FADEMGA Plena inclusión Galicia) fixeron un percorrido sobre os avances nos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ao longo da historia, a importancia da calidade no progreso das organización e finalmente sobre o modelo e sistema de Calidade Plena.

Posteriormente, profesionais, familiares e persoas usuarias de AS BURGAS, ACEESCA, ASPANAEX e JUAN XXIII, relataron os seus primeiros pasos no proceso de Calidade Plena, así como as melloras que están a implementar nas súas entidades grazas a el.

:: Responsabilidade penal das asociacións: procesos de cumplimento e prevención. Durante a mañán tamén se mencionou a revisión do modelo que conterá o establecemento de medidas de control e cumplimento (COMPLIANCE) que representan un esforzo na prevención de posibles delitos. Tal e como indicaba Torcuato Recover (coordinador da rede de xuristas de Plena inclusión) na xornada sobre "Responsabilidade penal de asociacions e fundacións. Os procesos de cumprimeto e prevención" que tivo lugar no Consello Xeral de Avogacía (Madrid) estos programas de cumprimento "deben ir máis alá e contribuir á cultura do cumprimento do dereito, promovendo a cultura ética empresarial". O noso sistema de calidade revisado facilitará que as entidades que inicien o proceso cumpran os requisitos xurídicos desta lexislación.