Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha novidosa xornada sobre "Pensamento Libre": un proxecto alternativo, onde pensamos en liberdade, e que está orientado a empoderar ás persoas con discapacidade intelectual.
A xornada terá lugar o vindeiro 24 de abril, ás 16:00 horas, na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e nela presentaremos os obxectivos deste novo proxecto para que poidades coñecer en profundidade os seus beneficios. Estará orientada principalmente a persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e voluntarios.
O Programa da Xornada é o seguinte:
• Presentación do Proxecto de Pensamento libre, por parte de profesionais da Asociación Filosofía para nenos de Galicia.
• Participación dos asistentes á xornada nunha sesión de pensamento libre, para coñecer directamente o funcionamento do proxecto.
• Inscrición das persoas interesadas en participar no proxecto.
Todos aqueles que estedes interesados en participar na Xornada, debedes enviar un correo electrónico, co voso nome e DNI a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., antes do 18 de abril.
Para máis información podedes dirixirvos ao teléfono 981.519.650 ou ao correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.