Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha novamente o noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias naquelas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter. Habitualmente trátanse temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, o dereito ao voto etc.
Dentro deste servizo, a federación ofrece dúas modalidades:
a) As charlas xurídicas: Coas charlas xurídicas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias.
b) As consultas individuais: pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias. A continuación, podedes consultar as datas e provincias das consultas individuais que se celebrarán durante o 2019:
Tedes tódala documentación dispoñible para descarga no seguinte enlace: Documentación Servizo Xurídico