Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Autoxestores de 14 entidades galegas da discapacidade intelectual (ACEESCA, AMBAR, AMIPA, ASPADISI, JUAN MARÍA, ASPANAEX, ASPAS, ASPNAIS, ASPRONAGA, CHAMORRO, FADEMGA, JUAN XXIII, PAI MENI e PRODEME) participan hoxe no seu encontro anual que nesta ocasión reúne no Hotel Congreso (Montouto) a máis de 130 persoas con discapacidade intelectual e persoas de apoio.

A inauguración tiña lugar ás 10:30 horas a cargo de Manolo Costa Carneiro, Asesor de Programas Educativos da Consellería de Educación, Noela Blanco Rodriguez, Portavoz de Política Social do Grupo Parlamentario Socialista de Galicia, Eladio Fernández Pérez presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia e de Concepción Fernández Fernández Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello de Santiago de Compostela.

 A concelleira de Políticas Sociais da cidade foi a primeira en animar aos autoxestores alí presentes cando aseguraba que “Hoxe vos sodes os protagonistas, e sodes tamén un estímulo para todos nos. Un faro que ilumina o camiño que debemos de seguir quenes temos a responsabilidade de deseñar as políticas públicas. No día a de hoxe, tócanos escoitar, aprender e responsabilizarnos para garantir a igualdade de oportunidades, a participación e o acceso aos servizos sociais. Debemos de estar a vosa altura e pensar e desenvolver políticas de altura”

Pola súa banda, o presidente da federación Eladio Fernández quixo facer fincapé na inclusión, “a inclusión non parte só da persoa con discapacidade, senón da sociedade. A sociedade é a primeira que ten que incluirse, recoñecer e entender as diferenzas que hai entre todos. Pola nosa parte, nós reuniremonos con tódolos grupos políticos para que coñezan e comprendan de primeira man as implicacións da discapacidade intelectual”

Este ano, o encontro estará protagonizado por varios talleres e obradoiros que traballarán sobre campañas de sensibilización, proxectos de accesibilidade cognitiva na contorna, voluntariado, formación en dereitos a familias e profesionais e formación sociolaboral na universidade O día rematará co concerto da banda Xerock, un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda.