Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

En FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos traballando para garantir que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento poidan desfrutar do máis alto nivel de saúde posible, por elo organizamos unha nova edición do Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental; a cita terá lugar o venres, 25 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1). Calle Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela.

Volve a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade.

Esta décima edición consistirá, como é habitual, en relatorios, mesas redondas e obradoiros (Ver programa). Está dirixido a técnicos e profesionais da administración pertencentes ao ámbito social, sanitario e educativo, profesionais do sector da discapacidade intelectual e do movemento asociativo, profesionais de outras organizacións que traballen nestes ámbitos e estudantes de diferentes disciplinas: traballo social, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, etc.

 Ten como finalidade:

:: Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio, que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta.

:: Fomentar vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.

:: Promover un foro de reflexión e debate sobre a atención a saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

:: Ofrecer os profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre o abordaxe do envellecemento, a sexualidade e a comunicación en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio; estratexias preventivas que nos permiten anticiparnos a aparición de posibles trastornos mentais e/ou alteracións de conduta.

 

INSCRICIÓN. Aforo limitado. (Ver formulario de inscrición).

Finalizado os prazos de inscrición confirmaráselle a praza dende FADEMGA vía e-mail.

No caso de cubrir aforo, notificáraselle da mesma maneira a aquelas que non sexan admitidas e reembolsaráselle o importe inicialmente abonado.

Tras a confirmación da praza non se reembolsara o importe aboado no caso de anular a participación.

Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. (Persoa de contacto: Pilar Villaverde)