Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Persoas do grupo de autoxestores de FADEMGA Plena inclusión Galicia, da asociación ACEESCA, ASPNAIS e da asociación JUAN MARÍA, participaron o pasado sábado no encontro “Construimos Mundo” celebrado en León, que supón un salto cara ao activismo mediante un proceso de reflexión e autorepresentación de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Dentro do colectivo de persoas con discapacidade intelectual hai grupos implicados en xerar condicións de plena cidadanía na sociedade para si mesmos e para outros. O Proxecto "Construímos Mundo" nace para apoiar a estas persoas, xerando oportunidades para que poidan expresarse e reivindicar os seus dereitos, atopando espazos para que debatan e compartan as súas experiencias.

Durante o encontro, os autoxestores de ACEESCA falaron acerca das súas experiencias de participación na asociación, mentres que unha autoxestora de Juan María, Beatriz Sánchez, dinamizou o debate acerca das experiencias de participación e Alberto Seoane de FADEMGA, o debate "sobre experiencias de participacion na miña vida".

Xunto a todo iso o encontro serviu para identificar boas experiencias de participación e influencia nas propias entidades e na toma de decisións na vida destas persoas.