O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, presentou en Santiago o I Foro de irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual, un foro aberto á participación, onde os asistentes puideron facer aportacións e reflexións cos seus compañeiros para buscar diferentes líneas de acción en torno ao tema da xornada: "O Relevo Xeracional na Familia e a Renovación Asociativa"
Rocío Estévez e Carolina Galego, (das asociacións ASPADISI e ACEESCA respectivamente), faláronnos sobre o relevo xeracional nos coidados e apoios á persoa con discapacidade intelectual, unha das principais preocupacións para os pais destas persoas, pois non queren que a persoa con discapacidade acabe sendo “unha carga” para os demais fillos.No caso dos irmáns, porque é unha responsabilidade importante e teñen medo de “non estar a altura”.
No que se refire á renovación asociativa, un problema crecente nas nosas organizacións, Isabel Miranda, da asociación ASPANAEX e Alberto Vidal, de ASPRONAGA, explicaron as dificultades de atopar persoas dispostas e preparadas para continuar asumindo a dirección das entidades, “A esta dificultade temos que engadir que hai moi pouca implicación das novas familias que chegan, así como unha escasa participación das demais. É moi importante avaliar cales son as dificultades que atopan as asociacións para conseguir unha renovación nas súas directivas e establecer factores que nos axuden a cambiar esta dinámica.”
:: Os irmáns, un papel cada día máis relevante
Ser irmán dunha persoa con discapacidade intelectual, é unha circunstancia complexa na que afecto e responsabilidade van unidas. Por elo, os familiares das persoas con este tipo de discapacidade precisan apoio, información e vías de participación nas organizacións que os representan, co fin de manter e de fomentar unha estrutura de axuda.
A través deste Foro, FADEMGA Plena inclusión quere aportarlles un espazo propio onde compartir experiencias e reflexionar sobre o seu papel no movemento asociativo, así como a importancia de implicarse no día a día das institucións, e de traballar en prol da visibilización do colectivo.