O pasado 17 e 18 de marzo a sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acolleu un curso sobre cambios introducidos na norma UNE ISO 9001:2015, impartido por Jorge Rivas Fernández, experto formador e consultor en ONGs de diversos ámbitos (atención a menores, persoas con discpacidade, migración, drogodependencias, sociosanitario, saúde mental, inserción sociolaboral...).
En total, 22 profesionais chegados dende as entidades de AUTISMO OURENSE, ASPAVI, AFAM PAI MENNI, JUAN XXIII, ASPANAEX, ASPRONAGA, ASPNAIS, AMICOS, CAMIÑA, ASPANANE, JUAN MARÍA, AS BURGAS, ASDEME, AFADI, NSA SRA CHAMORRO, ASPAS, AIXIÑA e APAMP participaron nesta iniciativa.
Este curso puido facerse realidade grazas á financiación da Fundación ONCE, e permitiu que os alumnos e alumnas identificaran os cambios na estrutura da nova edición da norma e coñeceran como materializar ditos cambios nos respectivos sistemas de xestión de calidade. Na formación tamén houbo lugar para que os asistentes reflexionaran de cara á comprensión dos novos requisitos e plantexaran dúbidas ao respecto.
A implantación dun sistema de xestión de calidade nunha organización xenera eficacia e eficiencia, simplifica a interacción e a comunicación entre as diferentes áreas, asegura que todos e todas na organización traballan para cumprir os requisitos do cliente e axuda no cumprimento dos obxectivos da propia entidade.