
O presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA fixo entrega dun dosier de documentación onde se recolle a presencia da federación no ámbito educativo, cun total de 40 entidades asociadas, das cales 14 teñen centros ou aulas concertadas de Educación Especial, dando soporte a 429 alumnos/as con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento, e contando cun total de 257 profesionais en 84 unidades educativas.
Asimesno plantexáronse as diferentes liñas estratéxicas nas que FADEMGA está a traballar: FP adaptada, certificación dos alumnos/as con discapacidade intelectual, supervisión e alegacións ós diferentes desenrolos normativos , inclusión educativa e transformación de servizos.
Dende FADEMGA FEAPS GALICIA trasmitiuse a necesidade dunha colaboración máis intensa, para a cal a Federación ofrece o apoio e asesoramento naqueles aspectos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universiatria, o precise
Exemplo desta colaboración son os acordos recentemente firmados pola Xunta coas entidades, para prestar apoios de transporte adaptado e servizo de comedor, cos que se garanta unha axeitada atención á diversidade e de acordo coas necesidades físicas e psíquicas das persoas con discapacidade. Ata agora, as entidades que celebraron este tipo de convenios son ASPRONAGA, ACEESCA, CHAMORRO, ASPANAEX, BATA, VALLE MIÑOR e AMICOS.
Ámbas partes emprazáronse a continuar mantendo esta colaboración e remítense as reunións de carácter técnico que celebrarán membros da Consellería e de FADEMGA FEAPS GALICIA en setembro do presente ano 2015.