
Persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais, voluntarios... tódalas persoas do movemento asociativo estades chamadas a formar parte deste evento que se celebra cada catro anos e cuxa culminación e a elaboración do Plan Estratéxico que guiará o noso traballo diario en favor das persoas con discapacidade intelectual.
Dende hai varias semanas, todos podedes participar no deseño da estratexia futura da organización, a través do Foro Conecta2, onde se ofrecen diferentes vías para que acheguedes as vosas inquietudes e esperanzas no que respecta ao noso movemento asociativo.
Agora animámosvos a participar presencialmente os días 30 e 31 de outubro en Oviedo.
En total, Galicia contará con 18 prazas para participar no Foro, distribuídas da seguinte maneira:
4 persoas con discapacidade intelectual,
4 familiares
4 profesionais
4 directivos
1 persoa de apoio
1 voluntario
Darase prioridade ás inscricións daquelas persoas que participasen activamente no proceso.
FADEMGA FEAPS GALICIA facilitará o transporte até Oviedo e cubrirá unha porcentaxe das inscricións daquelas persoas que decidan asistir.
Para formalizar a inscrición, deberedes enviar a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a ficha cuberta cos vosos datos antes do próximo 30 de setembro de 2015.
IMPORTANTE: Na ficha de inscrición deberedes encher a vosa cuota elixida (240€ habitación individual ou 200€ se é habitación dobre). Non obstante, gran porcentaxe desta cuota será asumida pola federación. En próximas datas indicarémosvos o prezo final, que variará segundo o interese de participación recibido.
Para calquera dúbida ou aclaración, podedes contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Descarga aquí a Ficha de inscrición, o Programa do III Foro Consultivo, e o Programa en Lectura Facil