Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 FADEMGA FEAPS GALICIA está a preparar unha nova edición do Encontro de Irmáns e Cuñados de persoas con discapacidade intelectual, un espazo de reflexión conxunta que este ano abordará temas como a dinámica das emocións, ou a influencia que estas teñen nas nosas vidas. 

A continuación podedes consultar tódala información sobre a xornada:

FICHA DE INSCRICIÓN. Cada asistente cubrirá e asinará a súa ficha. Non se admitirán as inscricións presentadas noutros formatos. A inscrición enviarase a FADEMGA a través da asociación, só as persoas que non pertenzan a ningunha asociación de FADEMGA, poderán remitila de forma particular. Unha vez confirmada a praza, haberá que pagar a cota de inscrición.


PRAZOS:

1) ENVÍO DA INSCRICIÓN: remata o 8 de maio.

2) CONFIRMACIÓN DA INSCRICIÓN: a partir do 11 de maio FADEMGA confirmará a praza.

3) PAGO DA INSCRICIÓN: ata o 14 de maio.

      - Farase un pago único a través da asociación. No número de conta IBAN ES87 2080 0300 89 3040126857

      - Concepto “3º Encontro de Irmáns e de cuñados”).

      - Enviar xustificante de pago por fax 981519651 ou correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

COTA DE INSCRICIÓN. Hai que pagar 5 euros por persoa inscrita (inclúe comida e documentación).

COMIDA. Os asistentes teredes que sinalar se quedades a comer. Se precisades dieta especial, debedes especificala (exemplos: celíaco, sen sal, etc.).

NÚMERO DE PRAZAS: 70 persoas. Terán prioridade os irmáns e cuñad@s de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Tódalas entidades contarán con prazas para poder participar.

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN: Santiago de Compostela, sábado 16 de maio na sede de FADEMGA (Vía Pasteur, 53A). 

 

Nos seguintes enlaces podes descargar tódala información do Encontro e acceder á solicitude de inscrición.

Programa da Xornada

Ficha de inscrición

Normas para a inscrición

Cartel do encontro