COÑÉCENOS

Listen to this page using ReadSpeaker

En FADEMGA Plena inclusión Galicia formamos parte da Confederación Plena inclusión (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) e tamén somos membros do CERMI GALICIA (Comité Galego de Representantes de Persoas con Discapacidade). O CERMI Galicia aglutina a representación das persoas con discapacidade e instrumenta a súa participación e a defensa e promoción dos seus dereitos ante os poderes públicos e a sociedade civil. O seu obxectivo é representar ás entidades de persoas con discapacidade da comunidade autónoma de Galicia que o constitúen, ante os seus diferentes órganos gobernamentais e outras instancias públicas e privadas desta comunidade, en relación coa problemática propia do colectivo representado.


Ademáis, temos representación a nivel estatal nas seguintes institucións:

- CERMI Estatal (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad)

- Membros da Asociación para el Empleo – AFEM, asociación patronal que representa a 98 centros especiais de emprego (CEE) repartidos por todo o territorio nacional, que dan traballo a máis de 5.000 persoas con discapacidade. O seu obxectivo é promover e potenciar as alternativas que xeren emprego estable e de calidade para as persoas con discapacidade intelectual. Isto tradúcese nunha presenza constante en todos os foros de decisión, estudo e debate promovidos desde FEACEM , CEPES , CERMI e as administracións públicas.


- Membro da Asociación Empresarial para la Discapacidad (AEDIS): patronal maioritaria no sector da atención a persoas con discapacidade. Agrupa a máis de 220 asociacións e entidades, de todo o territorio nacional, que ofrecen apoios a persoas con discapacidade, e propón modelos de xestión de recursos persoais, desde a esixencia que supón integrar máis de 15.000 traballadores que xeran apoios para o cumprimento da misión do movemento asociativo. 


A nivel Autonómico somos membros do Consello Galego de Servizos Sociais e do Consello Galego da Discapacidade.

 


FADEMGA Plena inclusión Galicia goza das seguintes consideracións:

- Inscrita no rexistro central de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 2005/147-2 (SC).
- Inscrita no rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia co nº E-45.
- Recoñecida como entidade de carácter social pola Axencia Tributaria.
- Declarada de Utilidade Pública.
- Certificado o Servizo de Respiro Familiar e nos catro servizos da Área de Emprego e Formación coa ISO 9001:2008 (empresa auditora AENOR). A versión da norma a “ISO 9001:2015”)