COÑÉCENOS

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Na actualidade contamos con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 6.384 persoas con discapacidade intelectual (4.425 das entidades federadas + 1.959 de Bolsa propia).

Como Federación, ofrecemos unha serie de servizos e apoios ás nosas entidades federadas a través das diferentes áreas que integran a Federación como son Apoio administrativo, Apoio Social, Apoios para o emprego, Apoios para as familiasCalidade, Ocio, Comunicación Formación, todo elo co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. 

Con 7.982 socios, as entidades de FADEMGA Plena inclusión Galicia están formadas por unha rede de 116 centros ubicados polas catro provincias galegas nos que traballan un total de 1.389 profesionais e contan co apoio de 1.231 voluntarios.

A nivel estatal, somos membros da Confederación Plena inclusión, que integra a un total de 19 Federacións de toda España.

 

VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

Fademga Plena inclusión Galicia é unha federación.

Unha federación é un grupo de asociacións

que teñen os mesmos intereses. 

Fademga está formada por 40 asociacións

e tamén somos parte da Confederación Plena inclusión

 

Fademga ofrece as súas entidades varios servizos

para apoiar ás persoas con discapacidade intelectual 

e ás súas familias. 

 

Estos servizos son: 

Apoio administrativo

Área social

Apoios para o emprego

Apoios para as familias

Calidade

Ocio

Comunicación 

Formación

Se pinchas sobre cada servizo

podes atopar máis información.