AXUDAS

Listen to this page using ReadSpeaker

 
https://ics-seville.org/siscwyv Subvencións para o fomento do deporte e actividades deportivas. 
Convocatoria aberta ata o 6 de outubro de 2023.
Esta axuda ten como obxectivo o de apoiar o desenvolvemento de programas e actividades deportivas que complementen a programación dos servicios municipais e que se realicen con carácter público en Nigrán durante 2023
 
 
https://cafearabo.com/za3l9l3nl8n Programa UNICO-Bono Social. Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables.
Convocatoria aberta ata o 15 de novembro. 
Enmarcado no investimendo do Plan de de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e financiado pola Unión Europea Next GenerationEU, esta convocatoria pretende conceder subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de bonos dixitais para colectivos vulnerables. 
  • Serán beneficiarias as persoas favorecidas das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital do Goberno de España. 
 
 
 
 
Convocatoria aberta dende o 21 de setembro ata o 20 de outubro.
Estas axudas están destinadas á realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo de asignación tributaria do 0.7% di unoisti sobre a renta das persoas físicas e do imposto sobre sociedades, xestionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. 
Os programas desenvolveranse no ano 2024 e subvencionaranse programas que fomentes a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, econonómico, político e cultural. Así mesmo, subvencionaranse determinados programas que teñan por obxecto a prevención de tódalas formas de violencia contra as mulleres, segundo o recollido na Lei 11/2007 galega para prevencion e o tratamento integral da violencia de xénero. 
 
Convocatoria aberta ata o 11 de outubro de 2023. 
Subvencións destinadas a promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU. 
 
Aberto ata o 11 de outubro de 2023. 
O principal obxectivo desta convocatoria é detectar e impulsar aqueles proxectos de inclusión laboral que impliquen a xeración de novas oportunidades de emprego e promoción profesional no mercado laboral para as persoas con discapacidade intelectual, tanto en emprego proxtexido como en emprego ordinario. Así mesmo, terán cabida a creación de novas liñas de actividade, programas de mantemento de emprego mediante actuacións de mellora das condicións de traballo nos centros especiais de emprego e proxectos de formación e capacitación profesional, así como iniciativas de emprego por conta propia nas que participen persoas con discpacidade intelectual, promovidas polos asociados de AEDIS. Calquera outra actuación empresarial encamiñada a crear oportunidades de emprego en entorno ordinario tamén poderán optar a ser beneficiarios. Como novidade, nesta edición introdúcese unha nova partida na modalidade correspondente a entorno ordinario co obxectivo de apoiar acitivdades de preparación para o emprego público. 
 
 
 
Dirixido a:
– As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio.
– Os centros especiais de emprego, calificados e inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban un convenio de colaboración, segundo o previsto co artigo 9, coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego.
Tamén as empresas de inserción, debidamente inscritas no rexistro de empresas de inserción da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes do cadro de persoal da mesma empresa ou doutras empresas de inserción.
– As empresas do mercado ordinario de traballo incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas.
 
 
 
 
Convocatoria aberta ata o 1 de decembro de 2023.
ESta subvcención vai destinada ao fomento da nataliadade no concello de Covelo no ano 2023. Polo tanto, o obxectivo das presentes bases é a concesión de axudas a familias, mediante un procedemento común en réxime de concurrencia competitiva, para sufragar parcialmente os custos derivados do nacemento e/ou adopción das nenas e nenos empadroafos nesta localidadde. 
 
 Axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2023. 
Convocatoria aberta ata o 30 de outubro
Establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2023 (código de procedemento BS614B), así como proceder á súa convocatoria.
 
 
 
Convocatoria aberta ata o 6 de outubro. 

1. A través desta convocatoria tense por obxecto apoiar e financiar os proxectos de entidades sociais sen ánimo de lucro que desenvolvan accións dirixidas a persoas con discapacidade física, órganica, intelectual e psicosocial. Estas accións deberán contar cun enfoque orientado ao apoio tanto das persoas e colectivos coas discapacidades citadas anteriormente como as súas familias, valorándose especialmene o alcance de beneficiarios.

2. Os proxectos que se presenten deberán acollerse aos seguintes requisitos:

  • Os proxectos deberán ser xestionados por entidades sociais: persoas xurídicas sen ánimo de lucro que traballa por e para mellorar a calidade de vida das persoas en risco de exclusión social.
  • Ter sede social en España.
  • Estar inscritos no rexistro correspondente e ter unha antigüidade superor a 3 anos dende a súa constitución.
  • Que o seu obxecto social sexa a atención ao colectivo ao cal se dirixe a presente convocatoria.
  • Demostrar unha experiencia de traballo mínima e 3 anos co colectivo ao que se dirixe o proxecto.
  • Dispoñer de estruturas necesarias para garantizar a consecución dos obxectivos do proxecto.

Tramadol Uk Order 3. Quedarán excluídos da convocatoria aqueles proxectos de entidades que conten cun Convenio de Colaboración en vigor con Fundación Mapfre que non exprie dentro do prazo desta convovatoria. 

Tramadol Order Uk 4. Cada entidade só poderá presentar un único proxecto por convocatoria. 

 
 
 
 
Convocatoria aberta ata o 15 de outubro.
Dedicada á formación, execución e desenvolvemento de programas de investigación, así como á dotación de bibliotecas e fondos culturais. A axuda poderá presentarase directamente a ditas persoas ou indirectamente mediante o apoio -incluso económico- ás familias. 
Plan de Actuación: 
  • Disposición de axudas para aquelas persoas en situación de necesidade, ofrecendo atención á infancia, terceira idade ou persoas con discapacidade.
  • As axudas que se facilitan agrúpanse en: 
    • Persoas cunha enfermidade ou discapcidade.
    • Menores e familias.
    • Educación e becas.
    • Persoas en sutuación de extrema necesidade.
    • Terceira idade.
    • Dotacións culturais.
    • Outros. 
Convocatoria aberta ata o 9 de outubro.
Suvención destinada a familias do Concello de Covelo para que poidan paliar os gastos que supón a escolarización das crianzas. Poderán optar a ela aqueles menores escolarizados nun centro docente público e empadroado/a no Covelo para o curso 2023/2024.
 
 
EXCLUSIÓN
 
https://www.ibct-global.com/a3sdg4b9 Subvencións da renda social do Concello de Pontevedra para o ano 2023  
Convocatoria aberta: ata o 31 de decembro de 2023
Constitúe o obxecto da presente convocatoria o outorgamento de prestacións económicas a aquelas persoas que non contan con recursos suficientes para poder facer fronte a gastos específicos de carácter ordinario e coa finalidade de evitar situacións de exclusión ou vulnerabilidade social.
 
https://cafearabo.com/j37nklwdt Subvencións para situacións de emerxencia social no Concello de Pontevedra
Convocatoria aberta: ata o 31 de decembro de 2023
A convocatoria de prestacións económicas, de carácter extraordinario e finalista, a aquelas persoas que non contan con recursos suficientes cos que afrontar situacións ou circunstancias puntuais.
 
Convocatoria aberta: ata o 31 de decembro
Poderán participar na convocatoria destas prestacións aquelas persoas que presenten unha situación de risco ou exclusión social no Concello de Pontevedra apreciadas polo Servizo de Benestar Social e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 da Ordenanza de renda social do Concello de Pontevedra.
 
https://www.ibericadron.com/lsv9mu2 Programa contra desafiuzamento e de emerxencia social para o ano 2023
Convocatoria aberta: ata o 31 de decembro de 2023
Estas Bases teñen por obxecto fixar os criterios e regulamentar a concesión de axudas económicas con cargo ós orzamentos municipais do Concello de Vigo para atender situacións extraordinarias que poidan considerarse de emerxencia social.
 
Convocatoria aberta do 12 de setembro ata o 11 de outubro de 2023. 
O programa 'Juntos Sumamos' ten como finalidade o apoio a proxectos levados a cabo por organizacións privadas sen ánimo de lubro legalmente constituídas e rexistradas en España, como compromismo compartido de Ferrovial e os seus empregados/as coa mellora das condicións de vida das persoas en risco de vulnerabilidade social. Con este foco, a convocatoria queda aberta a proxectos que se encasillen nos seguintes eidos: 
 
  • Acción Social en España. 
  • Cooperación internacional para o desenvolvemento. 
  • Conservación do capital natural e a biodiversidade. 
 
As persoas beneficiarias poderán concurrir á presente convocatoria con tódalas organizacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas e rexistradas en España que cumplan os requisitos do punto 3 das bases. 
 
 
 
Convocatoria aberta: ata o 2 de xaneiro de 2024.
OBXECTO: Aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para o Programa 6 de incentivos vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 477/2021 publicado no BOE núm.
 
Convocatoria aberta: ata o 2 de xaneiro de 2024.
Obxecto: Aprobación da convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2022-2023 para o programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (publicado no BOE núm. 305, do 22 de decembro) código de procedemento IN422N.
 
 
 
ACCESIBILIDADE
 
https://dinamizartj.com/otcr72v7l Axudas de transporte para persoas con discapacidade (“BONO-TAXI”)
Convocatoria aberta: ata o 31 de decembro de 2023
https://www.bufete-albanes.com/2023/09/20/25q18e22wqg Obxecto.- Estas Bases teñen por obxecto fixar os criterios e regulamentar a concesión de axudas económicas con cargo ós orzamentos municipais do Concello de Vigo para atender situacións extraordinarias que poidan considerarse de emerxencia social e mellorar a mobilidade urbana das persoas afectadas por graves discapacidades.
 
 
 
PREMIOS e CONCURSOS 
 
Convocatoria aberta ata o 20 de outubro
A Asociación de Lectura Fácil busca premiar iniciativas de diferentes ámbitos que utilizcen materiais de Lectura Fácil para promover a lectura, a inclusión social e a accesibilidade informativa, valores cos que se indentifica o proxecto Lectura Fácil. 
  • Poderán presentarse entidades, centros educativos, bibliotecas, ou calquera outra que traballe con materiais de Lectura Fácil. 
 
 
 
 
Convocatoria aberta: ata o 31 de decembro de 2023
Las solicitudes de colaboración están dirigidas a entidades sin ánimo de lucro que deseen solicitar una colaboración económica a Fundación Ibercaja para llevar a cabo un proyecto.
Es recomendable que dicho proyecto esté enmarcado dentro de las líneas de actuación de Fundación Ibercaja enfocadas a Educación, Empleabilidad, Cooperación, Cultura, Medio Ambiente o Patrimonio.