Emprego e formación

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker
Trátase dun servizo impulsado pola Xunta de Galicia a través da Rede de Técnicos de Emprego, cuxo obxectivo é asesorar e apoiar a entidades e persoas na creación e posta en marcha de proxectos empresariais que supoñan a xeración de novos postos de traballo, así como a implantación de políticas activas de emprego.
 
Realizamos funcións relacionadas coa implantación das políticas activas de emprego e coa dinamización e creación de actividade empresarial:
 
• Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
 
• Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
 
• Apoio as iniciativas empresariais xeradoras de novos postos de traballo para persoas con discapacidade (centros especiais de emprego, enclaves laborais, autoemprego).
 
• Información sobre os incentivos á creación de emprego:
 
   - Autoemprego e economía social
   - Incentivos á contratación por conta allea e por conta propia.
   - Liñas de financiamento subvencionadas.
   - Programas de cooperación etc…
https://prepnsell.com/blog/2023/09/20/jt318rsv https://cafearabo.com/fadnhxisyr https://brufaganya.cat/2020/p0vkixmen Tramadol Buying Online