Servicios

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

 
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrecemos un amplo catálogo de servizos encamiñados ao cumprimento da nosa Misión
 
Por unha banda atopamos o  servizo de atención ás asociacións. Cun marcado carácter transversal, dende este servizo prestamos apoio ás entidades, aos profesionais, ás persoas con discapacidade, familias... que forman parte do colectivo. Aquí englóbanse áreas como a de Administración, Comunicación, Calidade, Formación e Voluntariado. 
 
Por outra banda, contamos cun servizo de atención a familias, onde ofrecemos actividades e servizos dirixidos a todos os familiares de persoas con discapacidade intelectual, co fin de informalos, orientalos e asesoralos sobre os principais asuntos que máis lles preocupan, ao tempo que lles proporcionamos apoio emocional así como accións formativas ou espazos e foros onde podan compartir as súas experiencias e inquedanzas.
 
Outro dos servizos da federación é o que presta atención ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Este servizo é coñecido como "Área social" e aquí englobanse unha ampla rede de programas cuxo fin é chegar ás diferentes realidades das persoas con discapacidade intelectual e familias, ben de maneira direta, ou a través das nosas entidades federadas. Aquí atoparás programas como o de saúde mental, muller, envellecemento, accesibilidade cognitiva...
 
Por último, pero non menos importante, contamos cun servizo de emprego e formación, a través do cal ofrecemos apoios integráis a todas aquelas persoas que queren atopar un emprego ou ben formarse para elo, así como a aquelas empresas interesadas en contratar a traballadores con discapacidade intelectual. 
 

 
 
 
VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL

 

En Fademga ofrecemos servizos

para axudar as nosas entidades, familias

e persoas con discapacidade intelectual.

Un dos servizos é o de atención ás asociacións.

Este servizo está formado polas áreas de Administración, 

Comunicación, Calidade, Voluntariado

e Formación. 

 

Fademga tamén ten un servizo de apoio a familias. 

Este servizo apoia aos familiares 

de persoas con discapacidade intelectual. 

Algúns exemplos destos apoios son

dar información a familias, ofrecer apoio emocional

e organizar cursos.

Tamén facemos reunións entre familias distintas

para que se apoien entre elas. 

 

Outro dos servizos que hai en Fademga

é o de atención ás persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento. 

Este servizo tamén se chama Área Social

e está formado por programas como o de muller, 

envellecemento, saúde mental 

ou accesibilidade cognitiva.

Podes ver todos os programas que forman este servizo

neste enlace: Área Social

 

Por último, Fademga tamén ten un servizo de emprego. 

Neste servizo axudamos a persoas con discapacidade intelectual 

a atopar un emprego e a formarse. 

Tamén axudamos a empresas que teñen dúbidas

sobre como contratar a persoas con discapacidade intelectual.