Más Noticias

Escucha esta página utilizando ReadSpeaker

Xa estamos a argallar unha nova edición do 17 Seminario sobre saúde mental e discapacidade intelectual e queremos contar contigo!

Este ano o encontro terá lugar o 24 de novembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago e durante a sesión matutina contaremos coa doutora Rocío García Castro (psicóloga clínica, especialista en mediación e procesos correctores comunitarios) que nos falará sobre como evitar o desgaste emocional das familias e sobre os aportes da metodoloxía ProCC (procesos correctores comunitarios). Contaremos tamén con Mar López Pérez, presidenta da "Fundación Vivir Un Buen Morir", que ofrecerá un relatorio sobre o acompañamento na última etapa, tamén para persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento.

O seminario completarase durante a tarde cunha mesa redonda de "Boas prácticas en primeira persoa" onde nos acompañarán profesionais e familiares das asociacións de Juan XXIII (Pontevedra), Aspadeza (Lalín) e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela.

INSCRICIÓN E PROGRAMA

Aquelas persoas que queirades participar, deberedes enviarnos debidamente cuberta e asinada a FICHA DE INSCRICIÓN ao correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Tedes de prazo para facelo ata o 17 de novembro. 

Nesta ligazón podedes consultar o programa completo do seminario. 

Esperámosvos!