Actividade: "Alimentos que coidan. Taller de alimentación saudable"
Despois da nosa última actividade, na que visitamos o Museo de Mar de Vigo, o programa "Collendo impulso para a inclusión social" pon en marcha unha nova iniciativa, destinada a mellorar os nosos hábitos alimenticios.
Leer más: Actividade: "Alimentos que coidan. Taller de alimentación saudable"
Máis de 100 familiares de 20 entidades galegas da discapacidade intelectual reúnense este sábado no Encontro de Familias da Federación
As implicacións que está a ter para as familias a nova Lei 8/2021 que reforma a capacidade xurídica das persoas con discapacidade, a participación familiar no seo das entidades e da propia Federación e a importancia do lecer inclusivo como ferramenta poderosa para construír conexións, desenvolver habilidades e fomentar a independencia das persoas con discapacidade intelectual foron os eixos en torno aos que xirou o Encontro de Familias organizado por FADEMGA.
Visita ao Museo do Mar e Acuario de Vigo
O noso programa “Collendo impulso cara á inclusión” está a argallar unha visita ao Museo do Mar e Acuario de Vigo, e anda na procura de aventureiros que se queiran unir a esta viaxe.
Anímaste?
Volve o Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental
Xa estamos a argallar unha nova edición do 17 Seminario sobre saúde mental e discapacidade intelectual e queremos contar contigo!
Leer más: Volve o Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental
Presentación do informe de resultados do Programa Integrado de Emprego
O edificio CERSIA, en Santiago de Compostela, acollerá o vindeiro 14 de novembro a xornada de presentación de resultados do Programa Integrado de Emprego (PIE) de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Leer más: Presentación do informe de resultados do Programa Integrado de Emprego
FADEMGA Plena inclusión Galicia entrega materiais a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para reducir a fenda dixital
Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela son as tres cidades nas que se imparte a formación “Adquisición de Competencias Dixitais para persoas con Discapacidade Intelectual” co obxectivo de reducir a fenda dixital. Neste sentido, o equipo de Transformación Dixital para a Inclusión da federación fará a repartición durante esta semana a case 50 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento do territorio galego.
Volve o Encontro de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia!
O vindeiro 18 de novembro volve un clásico da Federación, chamado a reactivar ás familias do Movemento Asociativo e a ofrecerlles un espazo onde compartir conversas e experiencias...
Volve o Encontro de Familias!
Leer más: Volve o Encontro de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia!
A facultade de psicoloxía da USC acolle unha xornada sobre a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual
A sexualidade das persoas con discapacidade intelectual protagonizou este venres un encontro que contou co apoio da concelleira de Servizos Sociais de Santiago, María Rozas, a secretaria Xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, e a subdirectora xeral de planificación e programación asistencial, Sinda Lobeiras, quenes participaron na inauguración co fin de recalcar a necesidade de promover espazos coma este, que permitan visibilizar temas que ata o de agora continúan a ser un tabú social.
Plena inclusión mellora unha ferramenta para eliminar ou reducir prácticas restrictivas con personas dependentes
Plena Inlusión comeza a probar a ferramenta LibRe, que busca reducir ou eliminar as restricións que se aplican a persoas dependentes
1º Encontro de voluntariado. Ven a coñecer a fórmula da solidariedade!
O vindeiro 28 de outubro, a Hospedería de San Martin Pinario, en Santiago de Compostela, acollerá o 1º Encontro de persoas voluntarias; unha xuntanza na que queremos coñecer a verdadeira fórmula da solidariedade!
Leer más: 1º Encontro de voluntariado. Ven a coñecer a fórmula da solidariedade!
IV Xornada "Saúde mental e discapacidade intelectual"
O vindeiro 27 de outubro, o Salón de actos do Hospital da Costa de Burela acollerá a "IV Xornada sobre saúde mental e discapacidade intelectual" organizada pola asociación ASPANANE de Viveiro así como pola propia Federación.
Leer más: IV Xornada "Saúde mental e discapacidade intelectual"
Xornada: "A Sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento"
FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza a primeira “Xornada A Sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento”. Esta terá lugar o día 20 de outubro na Facultade de Psicoloxía (Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela).
Leer más: Xornada: "A Sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento"
Contades con iniciativas para derrubar a fenda dixital nas vosas entidades? Queremos coñecelas!
No marco do noso proxecto de "Transformación Dixital para a Inclusión", estamos a buscar iniciativas novidosas que desenvolvades nas entidades, co fin de derrubar a fenda dixital que afecta ao noso colectivo.
Participamos no Proxecto Avante: unha iniciativa destinada a crear oportunidades para todas e todos a través do lecer mariñeiro
No marco do proxecto "Avante: Construíndo oportunidades para todas e todos a través do lecer mariñeiro," a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro desde REDEMAR comezou este mércores unha serie de saídas prospectivas programadas nas que participarán persoas autoxestoras de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Convocatoria de formación prelaboral 2023
Co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, abrimos a "Convocatoria de formación prelaboral 2023" que ademáis dos cursos básicos de formación, inclúe talleres específicos para a elaboración do curriculum vitae, aprender a abordar entrevistas de traballo, resolución de conflitos, brigadas de busca de emprego, manexo do euro ou habilidades comunicativas entre outros. A este amplo listado de talleres, sumamos este ano "Igualdade para o emprego" destinado a profundar no trato igualitario no ámbito laboral.
Proxecto Raíces: xornada final!
Como sabedes, dende o 2022 temos en marcha o "Proxecto Raíces", chamado a guiar e dinamizar a equipos de organizacións, para que estes teñan as ferramentas que os axuden a detectar e autoavaliar as posibles situacións complexas que se perciben no día a día das entidades, ao tempo que reflexionamos sobre elo e acadamos consensos sobre a mellor maneira de desenvolver un proxecto global adaptado ao proceso de envellecemento da organización.
Iniciamos o curso con dúas novas formacións centradas na saúde mental e o empoderamento
Setembro xa está aquí e chega cargadiño de novidades! Entre elas hoxe falámosche destas dúas novas ofertas formativas centradas no empoderamento das persoas con discapacidade intelectual e na saúde mental. Bota unha ollada!
Leer más: Iniciamos o curso con dúas novas formacións centradas na saúde mental e o empoderamento
Curso: "Adquisición de competencias dixitais para persoas con discapacidade intelectual"
O Proxecto de Transformación dixital para a Innovación comeza a dar os seus primeiros pasos coa organización dun curso destinado á mellora das competencias dixitais das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
Esta formación busca capacitar ás persoas con discapacidade intelectual nas competencias recollidas no Marco Digcomp-2-2 así como mellorar a súa metacognición, autonomía e sociabilidade no eido dixital. Uns obxectivos que teñen como base a superación da fenda dixital do colectivo.
Leer más: Curso: "Adquisición de competencias dixitais para persoas con discapacidade intelectual"
Galicia avanza cara ao emprego persoalizado
Dende setembro de 2022, 500 persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, 30 delas en Galicia, veñen de descubrir unha nova vía para derrubar as barreiras que aínda existen no seu acceso ao emprego.
Todo elo grazas ao proxecto de Emprego Persoalizado, unha iniciativa baseada na innovación social e liderada por Plena inclusión España, que contou con financiamento dos fondos europeos Next Generation e que se desenvolveu no marco do Plan de recuperación e Resiliencia baixo a coordinación do Ministerio de Inclusión e Seguridade Social.
Encontro anual de mulleres
Este ano estamos a organizar
o cuarto encontro anual de mulleres.
Este é un encontro presencial só para mulleres.
Volve a Convivencia Formativa de irmáns e cuñados/as + Charlas de dinamización a familias
Despois do Encontro Estatal de irmáns que vivimos o pasado ano, retomamos a programación habitual de actividades para celebrar unha nova convivencia formativa, que nesta ocasión estará centrada en ofrecer un espazo onde irmáns e cuñados/as de persoas con discapacidade intelectual e do desenvovlemento podan expresar libremente as súas emocións e sentimientos.
Leer más: Volve a Convivencia Formativa de irmáns e cuñados/as + Charlas de dinamización a familias
A empresa tecnolóxica Altia doa 15 equipos informáticos a FADEMGA Plena inclusión Galicia
A compañía Altia, especialista en tecnoloxías da información e consultoría de transformación dixital, acaba de doar a FADEMGA Plena inclusión Galicia un total de 15 equipos reacondicionados no marco da súa iniciativa Punto.tech. Josefina Fernández (Directora de Operacións) e Raquel Costas (coordinadora do equipo Altia in_Action) foron as responsables de facer entrega do novo equipamento, que axudará a reforzar o programa de Transformación dixital que a Federación comezou a desenvolver este ano.
Leer más: A empresa tecnolóxica Altia doa 15 equipos informáticos a FADEMGA Plena inclusión Galicia
FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra a Asemblea Xeral anual
Como caracteriza cada mes de xuño, FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de celebrar a súa Asemblea Xeral Ordinaria, onde se deron cita directivos de 28 entidades membro co fin de avaliar o traballo realizado durante o ano 2022 e poñer a mirada nas actividades e proxectos que están por vir.
Leer más: FADEMGA Plena inclusión Galicia celebra a Asemblea Xeral anual
Obradoiro: Crear espazos protexidos para falar da morte
A morte está presente ao longo do ciclo vital de todas as persoas, sen embargo é un tema do que evitamos falar. Conversar con alguén sobre a morte contribúe a que nos enfrontemos ao medo, en lugar de fuxir del; pero para elo é necesario sentirse comprendido e sen medo ao xuizo sobre as nosas opinións. Este é o obxectivo deste obradoiro: ofrecer claves e estratexias para xerar espazos nos que ofrezamos as persoas a oportunidade de expresar e compartir os seus sentimientos, dúdidas e inquietudes sobre a morte, espazos nos que romper o tabú que supón falar da morte e escoitar diferentes opinións.
Leer más: Obradoiro: Crear espazos protexidos para falar da morte
“Enredando inclusión e sustentabilidade”. Congreso estatal de sustentabilidade de Plena inclusión
Baixo o lema de “Enredando inclusión e sustentabilidade”, Plena inclusión España e Plena inclusión Castela e León organizan dende este xoves unha nova edición do Congreso Estatal de Boas Prácticas do movemento asociativo que nesta ocasión lugar en Valladolid.Galicia estará presente no encontro coa participación dunha delegación formada por 11 persoas procedentes de ASPRONAGA (A Coruña), JUAN MARÍA (Nigrán), AMICOS (Ribeira) así como da propia Federación.
Obradoiro "Coidados do corpo feminino"
Temos en marcha un novo obradoiro
de Coidados do corpo feminino.
O obradoiro impárteo a xinecosexóloga Carol Strate.
SERGAS e FADEMGA renovan o seu compromiso coa promoción da saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento
O Conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña, e o presidente de FADEMGA, Eladio Fernández Pérez, asinaron esta mañá en San Lázaro un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA Plena inclusión Galicia), para a realización de actividades de sensibilización, mellora da comunicación e promoción da saúde mental coas persoas con discapacidade intelectual no Sistema Sanitario Público de Galicia.
Leer más: SERGAS e FADEMGA renovan o seu compromiso coa promoción da saúde mental das persoas con...
FADEMGA Plena inclusión Galicia participa nun proxecto tecnolóxico para reducir a fenda dixital das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento
Reducir a fenda dixital que impide acceder a dereitos básicos a centos de miles de persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento é un dos obxectivos principais do proxecto Transformación Dixital para a Inclusión. Esta ambiciosa iniciativa, na que participará FADEMGA Plena inclusión Galicia ao carón doutras 7 Comunidades Autónomas, nace co apoio dos fondos europeos Next Generation, conta cun orzamento de 1.836.000 euros e ten como horizonte temporal o 31 de decembro de 2023.
No Día Internacional das Familias, publicamos a “Guía de benvida” un documento para orientar o proceso de acollida a novos familiares nas entidades
O 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias, unha data importante para o noso Movemento Asociativo que dende a Federación queremos poñer en valor coa publicación da “Guía de benvida” a novos familiares, un documento co que buscamos achegar ás asociacións unha serie de consellos de cara a realizar a acollida de novas familias.
Finalizan os obradoiros de dixitalización froito da colaboración entre a Confederación de Empresarios de Pontevedra e AEDIGAL
A pasada semana finalizaban a serie de obradoiros de dixitalización postos en marcha a través da colaboración entre a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e AEDIGAL (Patronal galega da discapacidade intelectual e do desenvolvemento) destinados a promover a dixitalización e a sustentabilidade das entidades da discapacidade intelectual co fin de dar novos pasos no eido da transformación dixital e sostible dentro do colectivo.
No inicio da campaña electoral as persoas con discapacidade intelectual reclaman unhas eleccións fáciles de entender
Contar con programas adaptados a lectura fácil, colexios electoráis coa sinalización adecuada, ou mensaxes máis comprensibles, son algunhas das principais reivindicacións do colectivo de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para este ano electoral, co obxectivo de garantir o dereito á participación na vida política de todas as persoas, sen discriminación.
"Teatro do encontro": obradoiros formativos a través do teatro
Os días 9, 10 e 11 de xuño, a Rectoral de Romeán (Lugo) acollerá unha convivencia destinada a realizar obradoiros formativos a través do teatro.
Leer más: "Teatro do encontro": obradoiros formativos a través do teatro
Anunciadas as persoas gañadoras do 3º Certame de Relato Curto
Este domingo, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a Federación facía públicas as persoas gañadoras do 3º Certame de relato curto, destinado a promover a creación literaria entre as persoas con discapacidade intelectual así como a promover a adaptación a lectura fácil dos contidos culturáis.
Leer más: Anunciadas as persoas gañadoras do 3º Certame de Relato Curto
Novo curso: "Ética para valentes"
En marcha unha nova edición do curso "Ética para valentes" para aprender a avaliar e xestionar os dilemas e conflitos éticos que se poden dar no noso traballo diario.
Encontros de Pensamento Libre. Edición 2023.
O programa de Cidadanía Activa da Federación
saca a convocatoria para as sesións
de Pensamento Libre 2023.
Poñemos en marcha 2 novos seminarios dirixidos a familias e centrados na educación sexual
Dende a Federación abrimos a convocatoria para a participación en dous novos seminarios, centrados nesta ocasión na educación sexual.
Leer más: Poñemos en marcha 2 novos seminarios dirixidos a familias e centrados na educación sexual
Obradoiro: Acompañamento a través da arte.
O dó e un proceso necesario e unha reacción normal a perda dunha persoa ou de algo importante na vida; algo que todos, máis tarde ou máis cedo, viviremos. Todos reaccionamos ante unha perda ao noso propio ritmo; pero todas as persoas que sofren unha perda importante, comparten diversas emocións e sentimientos, todas elas normais e polas que deben aprender a transitar.
Este é o obxectivo deste obradoiro, acompañar ás persoas a través da arte, a transitar polas diferentes emocións e sentimientos que se poden experimentar ante unha perda importante.
Novas formacións para mulleres con discapacidade intelectual e profesionais
Atentas todas! Temos en marcha 3 novas formacións para mulleres:
Dúas para mulleres con discapacidade intelectual,
e unha para profesionais (homes e mulleres) do movemento asociativo.
A continuación dámosche información sobre cada unha:
Leer más: Novas formacións para mulleres con discapacidade intelectual e profesionais
FADEMGA celebra os excelentes resultados obtidos nas oposicións do SERGAS reservadas a persoas con discapacidade intelectual
O Servizo Galego de Saúde ven de publicar este luns a listaxe definitiva das persoas con discapacidade intelectual adxudicatarias das prazas correspondentes ao posto de pinche de cociña con grandes resultados para quenes estiveron a prepararse a través de FADEMGA Plena inclusión Galicia, posto que 32 das 39 prazas ofertadas foron para persoas que estiveron a recibir apoios da Federación. Concretamente por delegacións, 9 persoas resultaron adxudicatarias de praza en Santiago, 9 en Coruña, 4 en Lugo, 5 en Ourense e outras 5 en Vigo.
Asemade, no referido á categoría de técnico de farmacia, do total das 5 prazas adxudicadas 3 son tamén para usuarios/as da Federación (recaendo 2 prazas en Santiago de Compostela e 1 de Vigo).
FADEMGA Plena inclusión Galicia asina o primeiro Plan de Igualdade chamado a fomentar a diversidade, a inclusión, a igualdade e a conciliación
Conscientes de que a creación e o fomento dunha contorna laboral diversa e inclusiva contribúe de forma esencial á consecución dos obxectivos da Federación, FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de asinar coa representación sindical (CCOO, UGT e CIGA) o primeiro Plan de Igualdade que nos permitará continuar fomentando os principios de igualdade de oportunidades e diversidade dos equipos de traballo, potenciar a presenza de mulleres e reforzar as medidas de conciliación da vida persoal e profesional.
Leer más: FADEMGA Plena inclusión Galicia asina o primeiro Plan de Igualdade chamado a fomentar a...
3º Certame de relato curto en lectura fácil
Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e de promover a lectura e a escritura, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca o Terceiro certame de relato curto en lectura fácil.
Mulleres! Volven os nosos encontros mensuais. Anotádevos!
Neste ano 2023
volven os nosos encontros de mulleres
e por fin volven a ser presenciais.
Leer más: Mulleres! Volven os nosos encontros mensuais. Anotádevos!
Obradoiros de Apoio ao Voto. Participa!
O obradoiro de apoio ao voto
quere axudar ás persoas
a recordar as cousas máis importantes
sobre as votacións.
Servizo de Respiro Familiar 2023: aberta a convocatoria!

Xa tedes dispoñible a documentación necesaria para solicitar o Programa de respiro familiar 2023 destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de descanso e tranquilidade.
Leer más: Servizo de Respiro Familiar 2023: aberta a convocatoria!
Novo curso: Sistemas alternativos de comunicación
Xa está en marcha unha nova edición do Curso "Sistemas alternativos de comunicación" destinado a profesionais que dan apoio a persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, e centrado en coñecer a importancia do uso dos Sistemas Aumentativos de Comunicación (SSAAC) nas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e saber cales se axustan máis ás necesidades de cada unha.
Aberta unha nova convocatoria da bolsa de persoas auditoras de FADEMGA Plena inclusión Galicia
A bolsa de persoas auditoras... que é?
A bolsa de persoas auditoras é unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente a outra entidade e solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.
Novo curso "Intervención, emprendemento feminino e plans de igualdade en entidades de atención a persoas con discapacidade intelectual"
A patronal AEDIGAL continúa coas formacións en igualdade froito do Convenio de colaboración asinado coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
O Centro Penitenciario de A Lama e FADEMGA Plena inclusión Galicia colaboramos na adaptación de contidos a lectura fácil
Co obxectivo de fomentar unha maior comprensión da contorna dentro do cárcere, FADEMGA Plena inclusión Galicia e o Centro Penitenciario da Lama estivemos a colaborar na adaptación a lectura fácil da información relativa ao funcionamento do Programa PAIEM, que se leva a cabo Módulo 5 do cárcere; un espazo que ten como obxectivo a reinserción das persoas con problemas de saúde mental e das persoas con discapacidade intelectual e que contén plans individualizados de rehabilitación, onde se recolle información sobre cada persoa, como por exemplo, como se relaciona cos compañeiros ou como xestiona as emocións.
Como fomentar a creación de novos grupos de irmáns nas entidades? Algúns apuntes.
Despois do Encontro celebrado en Santiago o pasado mes de novembro, quixemos reflexionar sobre como poderíamos xerar novos espazos de participación nas entidades e animar aos irmás e irmáns a formar parte do día a día das súas asociacións.
Leer más: Como fomentar a creación de novos grupos de irmáns nas entidades? Algúns apuntes.
Novo curso "Enfoque centrado na persoa"
Ofrecer bos apoios e xerar oportunidades de calidade para as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias require planificar unha serie de estratexias, basadas en valores e no empoderamento de cada persoa, co fin de axudala a construir o seu propio proxecto de vida.