UDS

Listen to this page using ReadSpeaker

As UDS comparten os valores do Movemento Asociativo Plena inclusión: solidariedade, xustiza, calidade, transparencia, interrelación co entorno, universalidade, orientación ao cliente, liderazgo compartido, cualificación e innovación, eficiencia, axuda mútua, independencia, cooperación, sentido de pertenza e participación.

Ademáis, en coherencia coa natureza dos traballos que nelas se abordan e coa súa característica de grupo de traballo experto en diferentes áreas de actuación, as UDS consideran especialmente relevantes, e fan seus, os seguintes valores:

 

-Eficiencia

-Colaboración

-Universalidade

-Innovación

-Participación 

-Autonomía

 

Entendemos Eficiencia como: a capacidade e intención de facer ben o traballo, con rigor, autoavaliación e co menor esforzo e coste posible.

Entendemos Colaboración como: a superación polas UDS das visións territoriais e por servizos, fomentando o traballo en rede entre as diferentes áreas.

Entendemos por Universalidade: unha maneira determinada de concebir o ámbito de actuación, e, en consecuencia, o papel e a Misión do Movemento Asociativo Plena inclusión.

Entendemos por Innovación: a búsqueda e promoción por parte das UDS de novas orientacións sociais e técnicas que melloren os distintos dispositivos de apoio ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Entendemos Participación como: a vontade de implicarse, aportar e cooperar en todas aquelas accións e ideas significativas para cumplir a Misión de Plena inclusión.

Entendemos como Autonomía: a orientación do traballo das UDS ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, sin que os seus membros estén condicionados por intereses políticos, corporativos e/ou técnicos.