UDS

Listen to this page using ReadSpeaker

As UDS son unha estrutura de participación transversal, técnica e experta, especializada nun campo de traballo  da discapacidade intelectual, constituida como órgano asesor e consultivo, e como observatorio da discapacidade intelectual.

A súa MISIÓN é identificar as necesidades das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, así como facer propostas técnico estratéxicas que sirvan para a planificación e toma de decisións dos órganos executivos e de goberno da Confederación e das Federacións.

Cabe aclarar que as UDS NON son unha estrutura reivindicativa nin negociadora, só contan con autoridade técnica.

En FADEMGA Plena inclusión Galicia contamos actualmente con 6 UDS:
 
Familias 
Educación
Vivendas e residencias
Autonomía Persoal e Dependencia
Necesidades de apoio extenso e/ou xeralizado
Emprego, Formación para o Emprego e Ocupacional
 
A través de todas elas, facemos balance do traballo realizado e compartimos os resultados do esforzo destes equipos, co fin de xestionar o coñecemento xerado de forma adecuada.
 

Para ampliar a información sobre calquera dos aspectos podedes remitirvos a FADEMGA Plena inclusión Galicia e concretamente ao/o técnico que coordina cada UDS. 

 

... "Estrutura de participación transversal...

 

As UDS son grupos formados por membros de asociacións e federacións, puidendo ser, ou ben profesionais do mesmo campo da UDS (por exemplo, de atención temperá) ou ben persoas cunha experiencia directa nel (por exemplo, unha nai na UDS de Familias).

- Ventaxas da participación transversal:

  • É un sistema de participación estruturada.
  • Suministra inputs de calidade a quen dirixe a organización.
  • Está orientada á tarea.
  • Añade transparencia á organización.
  • Pon en evidencia as contradiccións das políticas organizativas.
  • Facilita o aprendizaxe de traballar en rede e en equipo.
  • O traballo transversal é en sí estratéxico.
 
 
...técnica e experta...
 
Coas UDS, cada federación e a propia Confederación, dótanse de grupos de expertos internos (profesionais/técnicos e, nalgúns casos, familiares ou voluntarios), persoas con suficiente experiencia de cada ámbito en cuestión.
Os membros das UDS participan e traballan nelas como coñecedores de cada campo. O seu liderazgo é técnico, por elo, non teñen nin asumen representatividade política ou territorial, aínda que sí son canles de transmisión de información e coñecementos.
 
 
 
... especializada nun campo de traballo da discapacidade intelectual... 
 

As UDS pretenden cubrir a análise do conxunto de necesidades das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, en calquera dos campos da discapacidade intelectual. Por exemplo, dende a perspectiva dos sectores de actuación: atención temperá, educación, emprego e promoción laboral, atención de día, vivenda, ocio, familia, asociacionismo e non atendidos. E dende a perspectiva de dimensións de calidade de vida: autodeterminación, benestar emocional, dereitos...

Unha das principais competencias dunha UDS é avaliar, no seu conxunto, a evolución da intensidade, da frecuencia e das prioridades das necesidades, así como da dotación de recursos que corresponden a súa área de actuación, en cada unha das Comunidades Autónomas e , no seu caso, no conxunto do Estado.

Nas UDS, analízase tamén , dende  un punto de vista técnico, as repercusións da lexislación e da súas aplicación en cada un dos ámbitos.

 

... constituída como órgano asesor e consultivo ...

 

As UDS son lugares de reflexión, debate, consulta, análise e elaboración de propostas sobre as necesidades das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, así como sobre asuntos relativos á discapacidade intelectual. Neste sentido, asesoran aos órganos correspondentes: responden a consultas, fan propostas, plantexan cuestións, etc. Non son lugares onde se tomen decisións políticas ou estratéxicas. Non son centros de poder institucional, pero teñen autoridade técnica.

As UDS non son grupos cerrados. Para realizar os seus traballos poderán solitar a colaboración das entidades federadas, de outras persoas, de outros grupos para tarefas ad hoc etc. 

 

...e como Observatorio" 

 

Observatorio é unha estrutura ou departamento dentro dunha organización que se ocupa de "observar" e analizar o que ocurre, os cambios que se producen no entorno e dentro da propia organización.

Son, en definitiva, observatorios do mundo da discapacidade intelectual e, cada unha dende o seu ámbito de actuación, deberán estar atentas a todos aqueles acontecementos (lexislativos, científicos, técnicos, sociais etc) que lle afecten, e informar sobre os mesmos, facendo as propostas que consideren oportunas á Xunta Directiva e Equipo de Xerentes  para a súa valoración.