Servizos

Listen to this page using ReadSpeaker

A parte financeira xestiona os recursos económicos dispoñibles para o desenvolvemento das actividades de cada unha das áreas da federación, definidas anualmente polo comité de calidade e o órgano de goberno.
Ademáis, colabora e participa con outras áreas no proceso de captación de novas fontes de financiación.
 
As principais fases polas que transita a xestión económica son:
 
-Elaboración dos orzamentos analíticos por áreas, segundo o seu Plan de Acción a desenvolver anualmente.
 
-Rexistro e presentación das operacións contables, tanto para información interna como para terceiros (financiadores públicos, privados, auditores, admon. pública acredora,..)
 
-Xestión de tesourería que permita manter un saldo positivo entre cobros e pagos co fin de manter un funcionamento óptimo.
 
-Xestión e avaliación de proveedores, co fin de obter os bens e servizos para o desenvolvemento das actividades da maneira máis eficiente. A parte administrativa xestiona os recursos materiais pertencentes á entidade, poñéndoos a disposición de tódolos grupos de interese participantes da actividade federativa para o logro dos obxectivos fixados.
 
- Xestión da documentación. Para un eficiente aproveitamento da información xerada e recibida, a través de ferramentas tecnolóxicas de arquivo e tratamento documental.
 
- Xestión dos medios materiais. Facilitar o aproveitamento dos materiais técnicos, informáticos, de transporte, etc, tanto o persoal da federación, como as entidades federadas, segundo corresponda.
 
- Xestión da actividade federativa. Consistente en levar a cabo tódalas accións organizativas que xorden entre os diferentes niveis do organigrama.