Que Facemos

Listen to this page using ReadSpeaker

O Club Deportivo FADEMGA é unha entidade sen ánimo de lucro que nace o 22 de novembro de 1993, co fin de organizar e coordinar as actividades deportivas dos diferentes clubs e asociacións de persoas con discapacidade intelectual da nosa Comunidade Autónoma.

O obxectivo exclusivo que persegue o Club Deportivo FADEMGA é o fomento da práctica deportiva das persoas con discapacidade intelectual, estimulando a ideoloxía da superación diaria mediante a practica deportiva, para a obtención de metas a medio e longo prazo.

A filosofía da nosas Xornadas Deportivas parten da premisa de que as persoas con discapacidade intelectual soamente son distintas na expresión das súas necesidades e intereses. As verdadeiras diferenzas atópanse non nas persoas, senón na calidade e dispoñibilidade das oportunidades.

As metas nas nosas competicións deportivas foron dirixidas cara as dotes persoais de cada participante, redirixindo a atención nas limitacións cara a potenciación de características como a iniciativa, o valor, o liderado, o autodominio, a cooperación e as calidades como axilidade, flexibilidade, coordinación e resistencia, todo elo redundará nunha mellora da confianza e autoestima da persoa con discapacidade intelectual.

A misión das Xornadas Deportivas é brindar adestramento e formación deportiva e competencias atléticas durante todo o ano nunha variedade de deportes tipo olímpicos.