Que Facemos

Listen to this page using ReadSpeaker

 
A Obra Social La Caixa convoca as axudas para "Fomento do Voluntariado" co obxectivo de fomentar este movemento solidario de participación cidadá e apoiar ás entidades sen ánimo de lucro que contan con grupos de voluntarios que levan a cabo os seus programas.

A Convocatoria está destinada a apoiar a organizacións sociais que traballan en territorio español levando a cabo programas de atención a distintos grupos de persoas que se atopan en situación de risco social e que contan coa participación de voluntarios nos seus programas e actividades.

Os proxectos que se presenten deben centrarse na mellora da xestión dos equipos de voluntariado da entidade ou na sensibilización da poboación sobre os valores nos que se fundamenta o voluntariado social.

A aportación da Fundación La Caixa para cada un dos proxectos non superará o 75% do custe total do proxecto e esta porcentaxe non superará os 60.000 euros. 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 8 de outubre e debe realizarse a través de Internet.