Que Facemos

Listen to this page using ReadSpeaker


Baixo o lema: “Una nueva mirada sobre las personas con discapacidad intelectual”, a Confederación Española de Organizacións en Favor das Persoas con Discapacidad e Intelectual convoca o seu II Concurso de Reportaxes Fotográficas FEAPS.

A finalidade deste concurso é que a organización dispoña de fotografías da vida cotidiana destas personas para poder difundir unha imaxe normalizada e integrada das mesmas. Unha imaxe que esté orientada hacia a súa inclusión social, a súa interrelación cos demáis, a súa integración na comunidade, a visibilización das súas capacidades, etc.
 
O certame constará de un primer premio de 1.500 euros, e un finalista de 1.000. Tamén se concederán 10 accésit de 130 euros cada un. As reportaxes deberán ter un mínimo de 6 fotografías e un máximo de 12, coa mesma temática.
 
O prazo de presentación dos mesmos abrirase o próximo 1 de setembro e finalizará o 30 de outubro.

FEAPS publicou unhas bases na súa página web, onde tamén pon a disposición dos fotógrafos dous modelos de autorización para que os cubran as persoas que aparezan nas reportaxes ou as súas familias ou titores legais. Debido á especial vulnerabilidade deste colectivo de persoas, os participantes no concurso deberán presentar este tipo de autorización xunto aos traballos que presenten.
 
Tanto as bases do concurso como os modelos de autorización, atópanse dispoñibles en www.feaps.org/2concursofotografico