Que Facemos

Listen to this page using ReadSpeaker

- A Organización Mundial da Saúde, sinala que a "Saúde é o estado do completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de infeccións ou enfermidades lixeiras, fortes ou graves"

- O artigo 25 da Convención da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade recoñece que estas persoas "teñen dereito a gozar do máis alto nivel posible de saúde sen dia de la salud.jpgdiscriminación por motivos de discapacidade", e deben poder acceder a servizos de saúde "da mesma variedade e calidade" que os ofrecidos ao resto das persoas, "mesmo no ámbito da saúde sexual e reprodutiva"


No Día Mundial da Saúde, dende FADEMGA FEAPS GALICIA reivindicamos o dereito das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a acceder aos Sistemas Públicos de Saúde en igualdade de condicións que o resto das persoas.
Está demostrado que estas persoas teñen máis problemas que o resto de cidadáns para acceder aos servizos sanitarios, tanto de atención primaria como na especializada; e que ademais estas persoas teñen máis probabilidades de manifestar problemas como a obesidade, cardiopatías, respiratorios, etc. Todo iso diminúe substancialmente a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Así mesmo, solicitamos á sociedade e ás diferentes administracións públicas que a atención sanitaria destas persoas se aborde desde un punto de vista integral, que teña en conta o benestar físico, emocional e social das persoas con discapacidade intelectual.

Para logralo, débense fomentar contornos inclusivos onde as persoas con discapacidade intelectual participen en igualdade de condicións, como cidadáns de pleno dereito, tal e como establece a misión do noso movemento asociativo . Unha sociedade máis sana, desde este punto de vista, é unha sociedade máis xusta, onde hai cabida para tódalas persoas.

En relación con esta concepción integral da Saúde, solicitamos tamén ás Administracións unha maior coordinación entre as áreas de Saúde, Educación e Asuntos Sociais, que garanta a dimensión social do ámbito sanitario.