Que Facemos

Listen to this page using ReadSpeaker

 
O pasado 31 de marzo, reuníronse en Madrid os Equipos Guía dos 11 Proxectos do IV Plan Estratéxico de FEAPS (2011-2014) , que seguen os pasos dos 4 proxectos piloto que comenzaron a traballar o pasado 3 de febreiro. Todos eles encargaranse de orientar, facer seguemento e avaliar a actuación estratéxica de FEAPS durante os próximos 4 anos.
Os equipos están formados por representantes do noso movemento asociativo: persoas con discapacidade intelectual ou dfeaps.jpgo desarrollo, familiares, membros da Xunta Directiva da Confederación, membros do Equipo de Xerentes  e menbros do Equipo Técnico da Confederación (estos últimos como coordinadores dos diferentes proxectos). A través deles, e como xa se fixera anteriormente no Congreso de Toledo, FEAPS implicou a tódolos colectivos no desarrollo do IV Plan Estratéxico.

A reunión dos 11 equipos foi inaugurada por Santiago López Noguera, Vicepresidente de FEAPS na área de Desenvolvemento Organizativo, quen deu a benvida aos máis de 60 asistentes e animoulles a comprometerse nesta tarefa con todo o seu empeño. Quixo destacar a importancia das persoas con discapacidade intelectual dentro dos grupos, “como un dos mandatos de Toledo 10 que chegou con maior claridade, da forma máis natural”.

Así mesmo, López Noguera, sinalou que o sentimento que compartiran nun dos  equipos no que el participa (o de Modelo Organizativo) é o de “sentimos orgullosos de participar en algo realmente importante”.

A continuación presentáronse os membros dos equipos dos 11 proxectos que faltaban por arrincar, e que son: identidade Cultural, Ético, Calidade FEAPS, Inclusión, Empoderamiento e Autodeterminación, Familias, Transformación de Entidades e Servizos, Renovación Asociativa, Política de Persoas, Incidencia Social e Formación e Coñecemento.

Durante a sesión da mañá explicouse o proceso até chegar aquí: o período de reflexión e participación de Toledo 10, a Celebración do Congreso, os 33 acordos obtidos do mesmo, a formación dun equipo que traballou sobre eses acordos para deseñar o IV Plan Estratéxico, do que nacen estes 15 proxectos, 4 deles que xa comezaron a camiñar e os 11 restantes que comezaban ese mesmo día 31, todo iso de presentado polo Director de FEAPS, Enrique Galván.

Ademais explicáronse as funcións e a forma de traballar deses Equipos Guía, e o Director Técnico de FEAPS contou coa axuda de Lourdes León, persoa con discapacidade intelectual membro do Equipo Guía do Proxecto de Dereitos (un dos 4 proxectos piloto), que explicou a súa experiencia no mesmo.

Pola tarde, reuníronse os diferentes equipos por separado para marcar as reunións de traballo e a forma de coordinarse a partir de agora. Estes equipos están a reflexionar sobre os objeticos de cada proxecto e definirán as accións que se van a levar a cabo para facer realidade que cada proxecto.