Que Facemos

Listen to this page using ReadSpeaker


Coa firma deste Convenio a CEL aposta pola colaboración co colectivo de persoas con discapacidade intelectual de Galiciaweb cel.jpg

O Presidente de Fademga Feaps Galicia, Julio Cortiñas, asinou xunto ao Vicepresidente da CEL (Confederación de Empresarios de Lugo) , Nivardo Rego Valle, un Convenio de Colaboración mediante o cal, a CEL colaborará con Fademga Feaps Galicia na difusión das Accións de Inserción Laboral que se levan a cabo dende a Área  de Emprego e Formación de Fademga Feaps Galicia, así como a Promoción da Integración Sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual no ámbito empresarial de Lugo.
 
A firma do Convenio inclúe tamén o compromiso por parte da CEL de facilitar a difusión de iniciativas e accións de Inserción Laboral de persoas con discapacidade intelectual, a través de Conferencias de Presentación da Federación, así como dos distintos servizos da Área de Emprego e Formación e das distintas modalidades de inserción laboral das persoas do noso colectivo, nas Asociacións membros da Confederación de Empresarios de Lugo e nas súas Delegacións.

Con esta colaboración, a CEL e Fademga apostan por traballar en prol da incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade intelectual, nun momento onde as posibilidades de inserción deste colectivo vense máis reducidas se cabe  por mor da crise económica que estamos a atravesar. Por todo elo, un dos obxectivos básicos do Convenio é o de facilitar información sobre as posibilidades de incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade intelectual. A nosa experiencia, amosa que cos recursos humanos axeitados, as posibilidades de inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual nun posto de traballo aumentan significativamente, ao tempo que se facilita a súa integración na sociedade.