Calidade

Listen to this page using ReadSpeaker

Defínese a calidade FEAPS como un modelo configurado por tres aspectos esenciais, de modo que ningún deles pode faltar ou ter desenvolvementos significativamente diferentes dos outros dous.

O primeiro aspecto é a calidade de vida, como paradigma orientador de toda acción, e esencialmente dentro del a dimensión de autodeterminación individual (apoiar que cada persoa sexa o xestor esencial do seu propio destino, con capacidade de decisión sobre aspectos cruciais da vida, coa posibilidade e oportunidade para o establecemento de metas e plans que sexan sentidos como importantes pola propia persoa).
 
O segundo aspecto é a calidade total na xestión, neste sentido, expomos que construír calidade de vida non pode ser meramente froito dunha intención; á intención ha de vincularse a xestión necesaria para o seu logro e, con ela, os conceptos fundamentais da calidade (liderado e coherencia nos obxectivos, orientación ao cliente, orientación aos resultados, desenvolvemento e implicación das persoas, aprendizaxe e innovación e mellora continua, desenvolvemento de alianzas, xestión por procesos e feitos, responsabilidade social). O terceiro e último aspecto é o compromiso ético; para FEAPS a calidade -tanto a calidade de vida como a calidade na xestión- non é unha cuestión de elección organizativa, senón que é froito irremediable do dereito das persoas a unha vida digna, de calidade e plena cidadanía, en definitiva, é un compromiso baseado na ética. Así pois, a calidade dos servizos debe ser percibida dende a óptica do impacto que estes teñen na calidade de vida das persoas.
 


O modelo de Calidade FEAPS está composto por:

•    Calidade de vida (seguindo as 8 dimensións de Shalock e Verdugo e o modelo de calidade de vida familiar de Poston e colaboradores).

•    Calidade na xestión (seguindo 8 principios da calidade total).

•    Compromiso ético (segundo os 10 valores do código ético de FEAPS).



¿Cáles son os principios da calidade FEAPS?

En concreto, FEAPS asume, a modo de política global de calidade, os seguintes principios:

•    unha concepción da discapacidade intelectual que afirma o valor de toda persoa por encima dos seus perfís de capacidade e limitación;

•    calquera persoa pode permanentemente progresar si conta cos apoios axeitados;

•    o papel do entorno é esencial;

•    a familia é a base da inclusión social;

•    a persoa debe ser un axente esencial na construción do seu destino e na planificación do seu futuro.



¿Cáles son as bases do Modelo de calidade FEAPS?

•    A calidade é un compromiso ético, non só unha decisión da dirección.

•    Toda persoa ten valor por riba dos seus perfís de capacidade  e limitación .

•    As entidades deben buscar a mellora continua porque as persoas sempre poden progresar si contan cos apoios axeitados.

•    As entidades deben xestionar ben tódolos recursos , de xeito eficiente, transparente e orientada a producir calidade de vida nos seus clientes.

•    O papel do entorno é esencial, a que a inclusión social é clave para calquera cidadán. Por iso é preciso realizar accións no entorno, alianzas.

Para poder avaliarse nos tres componentes da CALIDADE FEAPS, o movemento asociativo conta cun Sistema de Avaliación da Calidade propio que pon a disposición das suas entidades, a través da persoa Responsable de Calidade da Federación.

Modelo Calidade FEAPS