Calidade

Listen to this page using ReadSpeaker

UNHA ZONA DE IDEAS ONDE PODER COMPARTIR

♦ As organizacións de Plena inclusión levamos anos compartindo as nosas boas prácticas para o benestar das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, as súas familias e as súas contornas.

♦ Con esta iniciativa, que celebramos en 2016 "El Huerto de ideas",  pretendemos captar tamén ideas innovadoras desde outros ámbitos da sociedade. Para iso creamos este espazo online aberto, onde calquera pode "plantar" a súa e vela crecer coas valoracións, achegas e desenvolvementos dos demais.

O horto das ideas (www.elhuertodeideas.org) é un lugar de encontro e desenvolvemento para quenes teñan unha idea que compartir. Neste espazo online calquera persoa, organización, empresa, institución ou universidade poderá subir as súas ideas e experiencias para mellorar o benestar das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias. Unha vez subidas, estas ideas poderán crecer coa achega dos seus propios autores, e coas valoracións, contribucións e comentarios dos demais, xa que neste horto as ideas crecen regadas por todos.

Xunto a iso, este novo espazo tamén recollerá todas as experiencias que as organizacións de Plena inclusión envían tradicionalmente ás distintas edicións dos Encontros de Boas Prácticas. Antes do 31 de marzo, estas entidades terán a oportunidade de participar no próximo encontro, que se celebrará en Córdoba os días 13 e 14 de outubro de 2016. Para iso, unha vez plantadas no horto, deberán enviar as súas experiencias, que pasarán unha fase interna de valoración e "segundo sexa o seu nivel de desenvolvemento e puntuación", optarán a converterse en "prácticas admirables".

Queres dar a coñecer á sociedade as túas ideas innovadoras?

Crees que podes compartilas e atréveste a que os demais as valoremos?

Se é así, se queres aprender, compartir, mellorar, e que estas ideas sexan coñecidas, cólgaas no noso horto. É moi sinxelo, só tes que picar aquí e seguir os pasos que che vai indicando. Anímache e participa!

 
Páxina web do Horto de ideas de Plena inclusión