Atención ás asociacións

Listen to this page using ReadSpeaker

 

O Presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga Feaps Galicia), Don Julio César Cortiñas,  compareceu o venres 13 de maio ante a prensa, co fin de manifestar a oposición do colectivo de persoas con discapacidade intelectual ao cambio de uso da macroresidencia  construída en Bóveda.

Esta macroresidencia, construiuse inicalmente para atender a persoas da terceira idade,  con todo, debido á  falta de usuarios,  este centro destinarase agora á atención de persoas con discapacidade intelectual, despois de que unha empresa con ánimo de lucro negociase apoios coa Xunta, co fin de poder atender a persoas gravemente afectadas.

Dada a súa localización e magnitude,  a residencia ataca os principios básicos da inclusión das persoas con discapacidade intelectual, polo que  o noso colectivo quere manifestar a súa máis firme oposición a esta macroresidencia, e solicita ao Presidente da Xunta a súa intervención neste sentido.

  X Solidaria_2011.jpg

Representantes de organizacións non lucrativas galegas, entre as que se atopaba Fademga Feaps Galicia, presentaron este martes día 3 de maio a Campaña X SOLIDARIA que cada ano se leva a cabo  para concienciar ás/aos contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos: persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia, mulleres...

No acto de presentación da Campaña X Solidaria (coordinada polas principais plataformas galegas que representan ás ONGs) estiveron presentes o Secretario de EAPN Galicia, David Silva, o Director de EAPN Galicia, Xosé Cuns, o Secretario Xeral de FAXPG, Iker Sertucha e mailo Xerente de Fademga Feaps Galicia, Antonio Fuentetaja Cervelo, ademais de outros membros de outras entidades sociais.

- A Organización Mundial da Saúde, sinala que a "Saúde é o estado do completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de infeccións ou enfermidades lixeiras, fortes ou graves"

- O artigo 25 da Convención da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade recoñece que estas persoas "teñen dereito a gozar do máis alto nivel posible de saúde sen dia de la salud.jpgdiscriminación por motivos de discapacidade", e deben poder acceder a servizos de saúde "da mesma variedade e calidade" que os ofrecidos ao resto das persoas, "mesmo no ámbito da saúde sexual e reprodutiva"


No Día Mundial da Saúde, dende FADEMGA FEAPS GALICIA reivindicamos o dereito das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a acceder aos Sistemas Públicos de Saúde en igualdade de condicións que o resto das persoas.
Está demostrado que estas persoas teñen máis problemas que o resto de cidadáns para acceder aos servizos sanitarios, tanto de atención primaria como na especializada; e que ademais estas persoas teñen máis probabilidades de manifestar problemas como a obesidade, cardiopatías, respiratorios, etc. Todo iso diminúe substancialmente a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Así mesmo, solicitamos á sociedade e ás diferentes administracións públicas que a atención sanitaria destas persoas se aborde desde un punto de vista integral, que teña en conta o benestar físico, emocional e social das persoas con discapacidade intelectual.

Para logralo, débense fomentar contornos inclusivos onde as persoas con discapacidade intelectual participen en igualdade de condicións, como cidadáns de pleno dereito, tal e como establece a misión do noso movemento asociativo . Unha sociedade máis sana, desde este punto de vista, é unha sociedade máis xusta, onde hai cabida para tódalas persoas.

En relación con esta concepción integral da Saúde, solicitamos tamén ás Administracións unha maior coordinación entre as áreas de Saúde, Educación e Asuntos Sociais, que garanta a dimensión social do ámbito sanitario.

 

 

 

- Algúns dos puntos que aborda é o bo uso da linguaxe, a inclusión normalizada, o coñecemento deste grupo social, a accesibilidade á información e o diálogo continuo entre medios e persoas con discapacidade
decalogo CERMI.jpg
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) acaba de publicar a segunda edición do "Decálogo para un uso apropiado da imaxe social das persoas con discapacidade", destinado, principalmente, aos medios de comunicación.

O documento foi elaborado pola Comisión de Imaxe Social da Discapacidade e Medios de Comunicación do CERMI Estatal, presidida por Juan Antonio Ledesma, coa asistencia técnica de Leonor Lidón Heras. 

 

 
O pasado 31 de marzo, reuníronse en Madrid os Equipos Guía dos 11 Proxectos do IV Plan Estratéxico de FEAPS (2011-2014) , que seguen os pasos dos 4 proxectos piloto que comenzaron a traballar o pasado 3 de febreiro. Todos eles encargaranse de orientar, facer seguemento e avaliar a actuación estratéxica de FEAPS durante os próximos 4 anos.