Servizos

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, damos apoio ás nosas entidades de diferentes fomas....
 
REPRESENTÁNDOAS ante entidades públicas e privadas dos seus representados (Persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias), velando polo ben común das mesmas.
 
COORDINÁNDONOS con e entre as entidades federadas, co fin de establecer as demandas a presentar ante a administración e o establecemento dos dereitos e deberes que a todos nos atinxen.
 
MEDIANTE A FORMACIÓN: dando resposta ás necesidades formativas dos diferentes colectivos que integran ás entidades, co fin de facilitar e potenciar así como manter e desenvolver a cualificación de directivos, profesionais e voluntarios, xa que sabemos que isto revertirá nunha mellora da xestión, e polo tanto, promoverá a excelencia na prestación dos apoios ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
 
Tamén promovemos e xestionamos accións de formación para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias en coordinación coas área correspondentes.
 
INFORMAMOS E ASESORAMOS ás entidades federadas, non federadas e particulares, en todas aquelas cuestións a nivel lexislativo e administrativo que precisen, sexan cuestións internas das propias entidades, ou sexan externas, en relación á administración ou outro tipo de posibles financiadores/colaboradores (trámites a seguir para formar parte da federación, tarxeta de transporte, exención do IVA, información sobre creación de centros e servizos, adquisición de vehículos, cuestións laboráis, aspectos legáis referidos á accesibilidade, adaptación de estatutos, convenios, contratos, solicitudes de subvecións autonómicas e estatais...)
 
XESTIÓN DE INFRAESTRUCTURAS, EQUIPAMENTOS E SERVIZOS. Detectamos as necesidades que as entidades poidan ter en relación a consecución ou mellora de infraestructuras, equipamentos ou servizos, así como a posterior tramitación das mesmas ou a negociación conxunta ante os organismos públicos pertinentes.
O obxectivo é dotar ás entidades federadas de medios estruturais, materiais e persoais suficientes que faciliten o desenvolvemento e consecuentemente revirtan nunha mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ás que prestan apoios e/ou servizos.