Atención a familias

Listen to this page using ReadSpeaker

Xa tedes dispoñible a documentación necesaria para solicitar o Programa de respiro familiar 2017 destinado a proporcionar medios facilitadores para que a s familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar o seu día a día, ofrecéndolles unhas xornadas de reposo e tranquilidade.

Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo, cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe económico e social.
 
O Programa tamén prevé situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas, e evita o desarraigo e deterioro das familias, favorecendo a integración no medio e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
 
 
 
 
:: Solicitude de Transporte Adaptado
 
O Servizo de Transporte Adaptado é un servizo público autonómico de carácter social que achega ás persoas con discapacidade e/ou dependentes a programas, centros ou servizos, en condicións de máxima seguranza, cos medios necesarios e coa presenza dun/dunha monitor/a acompañante.
 
Calquera persoa que teña recoñecida a condición de persoa usuaria pode solicitar este servizo.
 
Preme nos seguintes enlaces para acceder a tódala información sobre o servizo e solicitude: