Atención a familias

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co Servizo de Asesoría Xurídica, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, dereito ao voto etc.

Dentro deste servizo, a federación ofrece dúas modalidades: 

a) As charlas xurídicas: Coas charlas xurídicas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias


b) As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias.
 

DATAS E PROVINCIAS DA ATENCIÓN DAS CONSULTAS INDIVIDUAIS PARA O 2017

 

O Servizo de Asesoría Xurídica forma parte dos Programas de Apoio Familiar e de Cidadanía Activa. Esto é posible grazas a todos aqueles que marcades a X Solidaria na vosa Declaración da Renda.

 

Nos seguintes enlaces podes descargar tódala información sobre o Servizo de Asesoría Xurídica:

Información xeral sobre a Asesoría Xurídica

Fichas de solicitude da Asesoría xurídica 2017