Social

Listen to this page using ReadSpeaker

 PROGRAMA DE APOIO A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO E ALTERACIÓNS DA SAÚDE MENTAL

Este novo programa continuará traballando pola mellora da saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados, un colectivo en clara desvantaxe social.
 
Cada vez con máis frecuencia detéctanse persoas con discapacidade intelectual que presenten algún trastorno mental ou alteración de conduta asociado. Unha boa abordaxe da situación da persoa, beneficiará a todos, a propia persoa, aos profesionais, á familia e ao resto de persoas do seu entorno. Con esta finalidade creouse na Federación, a finais de 2003, o Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta. 

Este Grupo pretende servir como referencia e grupo de apoio, proporcionando un lugar de encontro no cal é posible expoñer, consultar e comentar todas as dúbidas e dificultades en relación os apoios que se deben prestar as persoas con diagnóstico dual (discapacidade intelectual e alteracións de conduta e/ou trastorno mental asociado).
 

QUE É O GRUPO DE TRABALLO E QUE FAI:
 
O Grupo de Traballo é un equipo multidisplinar formado por voluntarios de diferentes disciplinas (psicólogos, traballadores sociais, pedagogos, psiquiatras,…) e de distintas localidades, con ampla experiencia na atención a persoas con discapacidade. O grupo traballa en reunións grupais a través de dúas liñas de actuación principais:

1) O estudo de casos. Calquera entidade pode derivar casos de difícil intervención para o seu estudo e abordaxe polo Grupo en colaboración con profesionais da mesma. Dende o Grupo estúdanse e valóranse os casos derivados, para posteriormente orientarlles no tipo de intervencións e apoios que poden levar a cabo.

2) Buscar a implicación da Administración. O traballo do grupo tamén se centra na procura de colaboración coa Administración e profesionais do ámbito sociosanitario (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demáis profesionais vinculados) co obxecto de conseguir avances en todo o que se refira ás persoas con trastorno dual Intentase buscar a implicación dos profesionais pertencentes ao ámbito sociosanitario.
 
As persoas interesadas en formar parte activa deste Grupo, aportando os seus coñecementos sobre a realidade na que se centra este programa, pode contactar coa Federación, a través de:
 
Correo postal: Vía Pasteur 53 – A, Polígono do Tambre 15890. Santiago de Compostela.
E-mail:
Fax: 981 519 651
 
 

DERIVACIÓN DE CASOS
 
IMPORTANTE: A posibilidade de presentar casos para o seu estudo por parte do Grupo está aberta a todas as entidades federadas e non federadas, non é necesario formar parte do Grupo de Traballo para poder presentar casos.
Pódense achegar casos durante todo o ano, sempre e cando, as entidades que os deriven se comprometan a designar dentro da súa organización aos profesionais que se encargarán de recoller información, expoñer o caso, facer as intervencións e o seguimento dos mesmos, para poder avaliar os resultados conseguidos.
 
Para o envío de casos e o seu estudo dun xeito sistemático, debe utilizarse a Folla de Rexistro de Datos na que se recollen os aspectos fundamentais para que o Grupo poida realizar unha primeira valoración e posibles liñas de intervención. A información recollida terá carácter confidencial e anónimo.
 
Un profesional da entidade que o derive participará nunha reunión do Grupo para expoñer, de primeira man, os datos aportados, as circunstancias e a súa visión do caso. Nesa reunión valoraranse as posibles hipóteses a considerar e as estratexias de intervención plantexadas en casos similares.

 

TALLER B+
 
O taller B+ non só pretende limitar o tratamento dos problemas de saúde mental, senón anticiparse aos mesmos co fin de evitar a súa aparición. Por iso é fundamental desenvolver accións de promoción da saúde das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, orientadas á reducción de factores de risco e ao reforzo dos factores de protección e ás fortalezas da persoa, como un recurso que contribúe á calidade de vida.
 
As entidades interesadas en solicitar o Taller B+ (Taller de promoción da saúde mental e benestar en persoas con discapacidade intelectual), deberán presentar a documentación que achegamos a continuación, debidamente cumprimentada: