Cidadanía

Listen to this page using ReadSpeaker

Unha das áreas fundamentais do Programa de Cidadanía Activa, é a de “Promoción da vida independente”.

O obxectivo desta área é ofrecer os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para que sexan máis autodeterminadas, promovendo a autonomía e a independencia, co fin de que vaian progresivamente gañando control sobre as súas vidas, no seu entorno habitual, garantindo así a igualdade de oportunidades.

Os obxectivos específicos desta área son:

-Aumentar a implicación persoal das persoas adultas con discapacidade intelectual nos ámbitos laboral, familiar e social para favorecer o desenvolvemento dunha vida independente.

- viagra pas cher Deseñar e aplicar Programas Individualizados de Apoio orientados á consecución e/ou mellora da vida autónoma das persoas beneficiarias do programa.

- Coordinar as actuacións dos distintos axentes implicados no programa, familias, persoas con discapacidade intelectual, profesionais.

- Difundir e divulgar o contido do programa en diferentes ámbitos, facendo referencia ao Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade como financiador, e a Plena inclusión e FADEMGA Plena inclusión Galicia como promotores do mesmo.

- Realizar unha avaliación continua do desenvolvemento e execución do Programa, de cara á mellora do mesmo.

- Fomentar a participación comunitaria das persoas beneficiarias.