FADEMGA - Plena inclusión - Galicia Cidadanía

  Social

Listen to this page using ReadSpeaker

Este programa ten como obxectivo a autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual, potenciando a súa autonomía e inclusión na sociedade, a través da formación e da reivindicación de dereitos.
 
Hoxe en día, estas persoas aínda deben enfrontarse a múltiples barreiras como a falta de accesibilidade, a discriminación en ámbitos legais e xurídicos (afectando ás veces a dereitos fundamentais como o do voto), ou a escaseza de oportunidades de participar na sociedade en igualdade de condicións.
 
A promoción dos grupos de autoxestores, da sensibilización e o empoderamento do colectivo, ou a loita pola recuperación de dereitos como o voto, son algunhas das áreas onde se desenvolve este Programa de Cidadanía Activa.