Ocio

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

 

 

 

 

 

Special Olympics Galicia, Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual, é unha organización sen ánimo de lucro creada no ano 2000, por acordo de dezasete asociacións das diferentes provincias da Comunidade Autónoma Galega.

Durante a nosa andaina, contamos sempre co apoio e a consideración da Xunta de Galicia e da Consellería que en cada momento levou a Dirección de Servizos Sociais.

Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte.
 
Buscando a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, organiza diversas actividades de ocio, tempo libre, cultura e deporte. Estas actividades organízanse cada ano, co fin de que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias podan gozar do seu tempo libre do mellor xeito posible.