Social

Listen to this page using ReadSpeaker

(ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL)

Este programa nace coa intención de prestar os apoios necesarios ás persoas con discapacidade intelectual que presentan condutas aditivas.

Os obxectivos a acadar teñen como finalidade coñecer, atender e dar resposta ás necesidades presentadas por este colectivo.

Estes son:

• Coñecer as necesidades e avaliar as dificultades que presentan coas adicións tóxicas para levar a cabo o seu propio proxecto de vida.

• Orientar, asesorar e informar a usuarios e ás súas familias.

• Promover apoios no entorno utilizando as redes e os recursos comunitarios.

• Implicar ás familias co fin de obter a súa colaboración cos profesionais e o seu apoio nas intervencións.

• Colaborar e coordinar actuacións en casos concretos con entidades e servizos públicos de atención.

Descarga aquí o folleto do Programa

Listado de recursos en trastornos adictivos de Galicia

** Programa financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade