Social

Listen to this page using ReadSpeaker

APOIO Ó ENVELLECEMENTO ACTIVO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO
 
Este programa ten un carácter complementario as actividades e programas existentes nos servizos de atención directa que atenden ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento en proceso de envellecemento e ás súas familias.
 
Ten como obxectivos: 

- Dotar ás entidades de ferramentas e recursos para dar resposta ás necesidades e demandas deste colectivo, do que forman parte un amplo e crecente número das persoas con discapacidade intelectual.

- Mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en proceso de envellecemento e das súas familias, a través de diferentes tipos de actuacións (actividades de estimulación cognitiva, actividades de motricidade ou mobilidade, sesións de participación na comunidade a través do uso dos seus recursos, apoio e asesoramento as familias, etc.).

Con este Programa damos un apoio puntual
(a través da intervención dun profesional da Federación durante 1 ano) ás entidades, para que poidan impulsar e implantar nos seus servizos a atención as persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento. Tras este apoio puntual a Federación retirarase para que a entidade asuma as accións e intervencións do Programa como propias, dando respostas máis axeitadas ás persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento.
 
Para a posta en marcha deste Programa é necesario que a entidade beneficiaria considere o proceso de envellecemento unha realidade que afecta ademais da propia persoa con discapacidade intelectual, ás súas familias e ós profesionais que desenvolven a súa labor con este colectivo.
 
Co obxectivo de comezar a atender ou mellorar as necesidades específicas deste colectivo (persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos en proceso de envellecemento), un profesional da Federación apoiará a intervención desprazándose a entidade beneficiaria co propósito de realizar, conxuntamente cos profesionais da mesma:

- Xuntanzas para: detección de necesidades dos participantes, programación de actividades ou actuacións acordes a esas necesidades, seguimento e avaliación (non se trata de sustituir ós profesionais da entidade, senón de apoiar).

- Accións, individuais ou grupais, das persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento, orientadas ó desenvolvemento da súa autonomía social e persoal.

- Actividades coas familias, encamiñadas a informar, orientar e asesorar sobre o proceso de envellecemento.
 

NOTA:
Para a realización das diferentes accións enmarcadas neste Programa pode ser necesario que a Entidade teña que colaborar coa Federación á hora de asumir posibles gastos ocasionados, en concepto de desprazamentos ou actividades, se a partida do Ministerio non é suficiente para facer fronte ós mesmos.
 
Unha vez finalizada a fase de posta en marcha, a Federación retírase, para que sexa a propia entidade quen asuma o programa como unha actividade propia, integrado na dinámica do propio centro, aínda que contará co seu asesoramento cando o considere necesario. De forma puntual algún dos profesionais da Federación poderá acudir a entidade para facer un seguimento, ou solicitará informes relativos ás actividades que se están levando a cabo.
 

A Entidade solicitante deberá comprometerse a:
 
- Traballar conxuntamente co profesional da Federación.

- Darlle continuidade ó programa independentemente da financiación de Plena inclusión durante anos posteriores.

- Organizar reunións informativas coas familias, a lo menos das persoas beneficiarias; unha inicial para explicar en que consiste o Programa, unha intermedia de seguimento e outra final para explicar os resultados acadados.

- Difundir o Programa indicando que se trata dun proxecto do movemento asociativo de Plena inclusión e FADEMGA Plena inclusión Galicia, subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, sendo necesario incluír os logos destas tres entidades en todo o material elaborado (carteis, noticias, etc).
 

As entidades interesadas en solicitar o "Programa de Envellecemento” deberán presentar, debidamente cumprimentada, a documentación que achegamos na seguinte ligazón:
 
Igualmente, premendo neste enlace, podedes consultar a información xeral sobre o Programa: