Social

Listen to this page using ReadSpeaker

Programa de “Atención integral as personas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para a súa autonomía persoal e cidadanía activa” 
 

 Os Grupos de Autoxestores son grupos formados por homes e mulleres, adultos, con discapacidade intelectual, que se reúnen periodicamente para:
 
- Acadar maior autonomía persoal e social.

- Adquirir habilidades de comunicación. 

- Aumentar as súas posibilidades de falar e de decidir por si mesmas.

- Aprender a tomar decisións na súa vida cotiá.

- Poder participar na vida asociativa.
 

Actualmente son 14 as asociacións que decidiron impulsar grupos de autoxestores: ASPNAIS, ASPRONAGA, JUAN XXIII, CHAMORRO, PRODEME, AMIPA, ASPAS, ASPADEX, JUAN MARÍA, APACESCO, AGASFRA, ACEESCA, ASPANAEX, ASPADISI e o grupo de autoxestores de FADEMGA. En total son 19 grupos de autoxestores nos que participan 179 persoas con discapacidade intelectual e 21 persoas de apoio.
 
A misión do programa consiste en “promover a autoxestión e a autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual das nosas organizacións”.
 
Os obxectivos específicos dos grupos de autoxestores son, entre outros:
 
- Dotar aos membros do grupo, de habilidades básicas de comunicación e funcionamento do grupo (escoitar aos outros, defender o seu punto de vista e tamén aceptar opinións distintas das propias, respectar a quenda de palabra, etc.).

- Promover a participación dos membros do grupo na vida asociativa e no seu entorno social.

- Facilitar aos membros do grupo a aprendizaxe da autoderminación e a defensa de dereitos na súa vida cotiá.

- Aumentar as oportunidades de tomar decisións por si mesmos.

- Incrementar as posibilidades de autoxestión dos membros do grupo. En definitiva, trátase de que as persoas con discapacidade intelectual conten cun espazo onde se lles escoite e se lles teña en conta á hora de tomar decisións nas nosas organizacións e nos seus entornos naturais (a familia e a comunidade).

 
Os gupos de autoxestores das entidades forman parte da "Rede de Grupos de Autoxestores de FADEMGA Plena inclusión Galicia", que se reúne periódicamente para realizar actividades e promover iniciativas conxuntas, así como para a organización do "Encontro de Autoxestores de Galicia", que se celebra cada ano no mes de novembro.
 
Todas aquelas entidades interesadas en poñer en marcha o voso grupo de autoxestores podedes contactar con FADEMGA, onde vos informaremos e asesoraremos sobre o proceso.