Social

Listen to this page using ReadSpeaker

Programa de “Atención integral a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento reclusas, exreclusas e sometidas a medidas alternativas”

O presente programa responde á necesidade de prestar unha atención individualizada e específica ás persoas con discapacidade intelectual que se atopan en situación reclusa, exreclusa ou de risco social.

En base á carencia de recursos específicos que atendan ás demandas do colectivo anteriormente citado, resulta necesaria a posta en marcha de programas de intervención. As accións que se desenvolven no mesmo son:

• Valorar, intervir e realizar un seguemento dos casos detectados.

• Promover o cumplimento da normativa legal vixente.

• Deseñar e aplicar programas individualizados.

• Mellorar a asistencia xurídica.

• Sensibilizar e difundir o programa.

• Coordinar, orientar e asesorar as actuacións dos profesionais implicados nos distintos ámbitos de intervención.

• Realizar unha avaliación contínua do desenvolvemento e execución do programa.

• Buscar, desenvolver e fomentar alternativas de reinserción, evitando os ingresos en centros penitenciarios.

• Establecer medidas de prevención de conductas antisociais en situación de alto risco.

• Promover a reinserción familiar, social, laboral e persoal dos usuarios.

 

:: TALLER PENSA POR TI - Convocatoria 2017

O taller Pensa por ti" está orientado a previr condutas delictivas para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

As entidades interesadas en solicitar o "Taller Pensa por ti" deberán achegar a seguinte documentación debidamente cumprimentada.

______________________________________________