Área de emprego

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia traballamos pola mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual da nosa comunidade, proporcionando formación específica e adaptada ás necesidades do noso colectivo.
 
Contamos coa estrutura que supón ser un centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, ofrecendo información, asesoramento e orientación laboral específica para persoas con discapacidade intelectual que demandan formación e emprego.
 
A través deste servizo, ofrecémoslles ás empresas persoal competente e motivado, así como colaboración, apoio permanente e asesoramento gratuítos para garantir o éxito das contratacións realizadas a través do servizo de apoios para o emprego.
 
 
Que ofrecemos a través do Servizo de Información e Orientación Laboral?
 
• Accións de información, asesoramento e orientación para o emprego
 
• Implantación das políticas activas de emprego da administración autonómica (priorizando as dirixidas a persoas con discapacidade)
 
• Entrevistas de orientación laboral
 
• Modificación de currículums vitae
 
• Introdución de demandas no Servizo Público de Emprego
 
• Captación de ofertas de emprego.
 
• Selección de candidatos.
 
• Accións individuais de seguimento.
 
• Accións de información e formación de familias.
 
• Impartición de módulos de formación prelaboral.
 
• Accións de sensibilización social na comunidade (entidades prestadoras de SS.SS, centros educativos, concellos, etc).