Área de emprego

Listen to this page using ReadSpeaker

Actualmente, a oferta formativa para persoas con discapacidade intelectual é moi escasa, por elo dende a federación traballamos na implantación e no fomento de accións formativas que faciliten o acceso ao emprego do noso colectivo.
 
O noso obxectivo final é formar ás persoas con discapacidade intelectual para mellorar a súa capacitación, co fin de poder acceder e manter un posto de traballo.
 
Con este servizo preténdese dar resposta ás necesidades formativas das persoas con discapacidade intelectual de entidades federadas e non federadas, co fin de facilitar e potenciar a súa integración no mercado laboral a través de accións encamiñadas a mellorar as súas habilidades sociais, competencias educativas, ocupacionais e profesionais.
 
Qué ofrecemos a través do Servizo de formación para o emprego?
 
• Coordinación e impartición de formación prelaboral.
 
• Coordinación de accións de formación ocupacional.
 
• Coordinación de accións de formación continua.
 
• Coordinación de accións complementarias e de acompañamento a formación.
 
• Fomento da participación por parte das entidades federadas en accións de formación ocupacional e continua.
 
 
MODALIDADES
 
1. Formación prelaboral: formación destinada a proporcionar coñecementos e habilidades xerais vinculadas coa busca e mantemento do traballo para todas as ocupacións, con obxecto de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual. 
Os cursos e obradoiros están adaptados en todo momento ás necesidadese capacidade do alumnado, empregándose unha didáctica na que se intercalan clases maxistrais  con prácticas (exposicións, realización de exercicios, casos prácticos...)
 
2. Formación en competencias clave: o obxectivo xeral da formación en competencias clave é conseguir que o maior número de usuarios acade a certificación nas asignaturas de lingua galega, lingua española e matemáticas. Este tipo de formación permite mellorar as capacidades dos alumnos, así como optar a grados de formación ocupacional.
 
3. Formación ocupacional: a formación ocupacional é unha formación dirixida a que as persoas con discapacidade intelectual adquiran cualificacións profesionais vinculadas a ocupacións concretas, intentando adecuar a cualificación profesional das persoas que queren incorporarse ó mercado laboral ou que intentan manterse nel, ás demandas que o propio mercado esixe.
 
 
PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS
 

FADEMGA Plena inclusión Galicia oferta clases de preparación a grupos de personas con discapacidade intelectual que aspiran a obtener unha praza de emprego público na Administración Xeral do Estado e na Administración Autonómica. A Federación ofrece formación onde se facilitan os temarios adaptados a lectura fácil, así como diferentes exercicios, resolución de dúbidas e documentación relacionada.

No seguinte enlace podedes acceder ao temario completo para a convocatoria actual do posto de ordenanza na Xunta de Galicia: 

11/03/2016: LABORAIS GRUPO 5 CATEGORÍA 003 - SEC 01

ORDENANZA E OUTRAS: Convocatoria lectura facil

DOG núm. 5 do 7. 3. 2016

Convocatoria lectura fácil (galego)

Convocatoria lectura fácil (castelán)