Área de emprego

Listen to this page using ReadSpeaker

O servizo de apoios para o emprego é un servizo fundamental e imprescindible para poder acadar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual no mercado de traballo actual.
Dadas as características e necesidades especiais das persoas so noso colectivo, a figura de apoio do preparador laboral é primrodial.
 
A través deste servizo ofrécense os apoios necesarios para unha correcta  inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual na empresa ordinaria, mediante accións de formación e acompañamento a estas persoas no posto de traballo. Estes apoios serán diferentes en intensidade en función da modalidade de inserción laboral da que se trate:
 
- Contratación directa: con apoio puntual dos profesionais do servizo.
 
- Contratación directa ao abeiro do RD 870/2007 polo que se regula o programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado de traballo ordinario: apoio intenso no posto de traballo durante un período máximo de 2 anos.
 
- Formación práctica na empresa previa ao emprego con apoio: a parte do apoio prestado e necesario en cada proceso de inserción, proporciónase formación teórica e práctica antes da contratación.

 

As accións que se desenvolven dende este servizo son:

•    Prospección de empresas.

•    Información a empresas sobre os incentivos e bonificacións nas cotas da seguridade social que leva a contratación de persoas con discapacidade intelectual.

•    Análise e avaliación do posto de traballo.

•    Selección de candidatos (xunto co SIOL).

•    Formación teórica:

       - Información da empresa colaboradora.    
       - Formación en habilidades sociais.
       - Formación en relación a cuestións laborais.
       - Información sobre o posto de traballo a desempeñar.


•    Formación práctica (no propio posto de traballo).

•    Acompañamento e seguimento durante e despois da inserción laboral.