Social

Listen to this page using ReadSpeaker

Servizos dirixidos a persoas con discapacidade intelectual que plantexan o seu interese polo acceso ás diferentes formas de emprego existentes.
 
O obxectivo principal e todos estes servizos é a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual. Sexa un particular (persoa con discapacidade ou familiar), unha empresa, ou unha entidade pública ou privada, se está interesado en contactar connosco saiba que:


- No servizo de información e orientación laboral atenderanse as demandas encamiñadas a formación para o emprego, ao emprego  por conta allea e ao emprego público.

 - No servizo para o fomento do emprego atenderanse as demandas referidas ao emprego por conta propia (autoemprego) ou o emprego protexido (centro especiais de emprego e enclaves laborais).

- No servizo de formación para o emprego fórmase ás persoas con discapacidade intelectual apra mellorar a súa capacitación, co fin de poder acceder a un posto de traballo.

- No servizo de apoios para o emprego ofrécense os apoios necesario para unha correcta inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual na empresa ordinaria.

 

Nos seguintes documentos, podes descargar máis información sobre o noso servizo de emprego:

 

OFRECEMOS COLABORACIÓN, APOIO PERMANENTE E  ASESORAMENTO GRATUÍTOS
ÁS EMPRESAS E ÁS ENTIDADES QUE APOSTEN POLA CONTRATACIÓN
DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL