Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Interésache coñecer con máis profundidade os beneficios da lectura fácil e dos clubes de lectura?

A través deste novo curso coñecerás diferentes pautas, ferramentas e materiais para dinamizar con éxito Clubs de Lectura Fácil especialmente enfocados a persoas con discapacidade intelectual e como poñelos en marcha e aplicalos na realidade da túa entidade.

A maioría das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento envellecen antes e máis rápido que o resto da poboación. Moitas persoas con discapacidade a partir dos 45 anos presentan procesos de envellecemento que a poboación xeral soe ter cara ós 65 ou 70 anos.

Dende a Federación cada vez somos máis conscientes desta realidade, máis evidente se cabe nunha pobación tan envellecida como a da nosa comunidade, e por elo poñemos en marcha esta sesión de traballo sobre o proceso de envellecemento en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: "Xuntos medramos nos apoios que prestamos".

Ser muller con discapacidade intelectual marca unha traxectoria de triple discriminación e engade barreiras que dificultan o exercicio dos seus dereitos, a participación social así como o acceso á formación, ao emprego, a saúde e á autonomía persoal.

Por iso desde a Federación poñemos en marcha esta xornada, -dirixida tanto a homes como mulleres- e orientada a visibilizar esta realidade e dar voz a estas mulleres que teñen moito que dicir e aportar á sociedade, e que nos ensinarán o vindeiro 27 de novembro que elas tamen contan.  

O Programa de Vacacións IMSERSO é un programa aberto a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (estean ou non asociadas a unha entidade) que organizamos co obxectivo de favorecer a inclusión social e a participación de tódalas persoas en igualdade de condicións.

 
Buscamos o fomento das relacións interpersoais, dando cabida a todos aqueles solicitantes en situación de maior desvantaxe social, económica, familiar e persoal.

Ser muller con discapacidade intelectual marca unha traxectoria de triple discriminación e engade barreiras que dificultan o exercicio dos seus dereitos, a participación social así como o acceso á formación, ao emprego, á saúde e á autonomía persoal.

Por todo elo, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia traballamos promovendo accións para o empoderamento das mulleres con discapacidade intelectual, fomentando actitudes cara á igualdade entre mulleres e homes, formando e apoiando a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para a prevención de situacións de violencia de xénero e concienciando aos poderes públicos e á sociedade en xeral da necesidade de incluír a perspectiva de xénero nas políticas sobre discapacidade e a perspectiva da discapacidade nas políticas de igualdade entre mulleres e homes.

Achégase unha nova edición do noso "Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental", que nesta ocasión vai ter lugar o venres, 30 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1) de Santiago.

Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo de profesionais de asociacións de toda Galicia, que se reúnen periódicamente para a exposición e consulta de diferentes dúbidas, dificultades e para abordar os tipos de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.

O martes 20 de novembro, poñemos en marcha unha nova formación sobre o "Regulamento xeral de protección de datos e a Lei Orgánica de Protección de datos de Carácter Persoal (LOPD)".

Este curso, financiado por Fundación ONCE, desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, na Asociación Área

Empresarial do Tambre (Vía Edison, 15.890 Santiago de Compostela) e está dirixido a profesionais de asociacións federadas e profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Como xa hai moito que non nos vemos, pensamos que xa era o momento de poñer en marcha o noso encontro de familias!

Traede a tódala familia e aos vosos veciños, necesitámosvos a todos! Pois temos moito que compartir e reivindicar: témonos que re-inventar.

Por elo, poñemos á vosa disposición todos os materiais para que vos informedes e poidades inscribirvos.

Este ano, o Foro xirará en torno á PARTICIPACIÓN.

Na sociedade actual, marcadamente individualista, non hai unha cultura participativa. Esta circunstancia non é allea ás nosas asociacións: as familias cada vez se “desentenden” máis da asociación e só buscan os seus servizos. En definitiva, as familias cada vez exercen máis de clientes e menos de socios, unha tendencia que debemos e queremos cambiar.

A través do Programa de Cidadanía Activa, Accesibilidade Cognitiva e Empoderamento, poñemos en marcha 3 novas accións formativas que se desenvolverán no mes de novembro. 

Co obxectivo de que técnicos e directivos das entidades membro da federación se formen sobre a responsabilidade penal das nosas organizacións ante posibles actos delictivos, poñemos en marcha esta nova xornada que será impartida por Pilar Paz García (Avogada, mediadora e Compliance Officer).

A sesión formativa, de duas horas de duración, permitirá que nos acheguemos ao concepto de Compliance, así como á responsabilidade penal da persoa xurídica, aos delitos que desencadean dita responsabilidade penal, a identificación, análise e avaliación de riscos, ou a implantación, supervisión e monitorización dos programas de compliance.

Tras a aprobación do texto definitivo da reforma a semana pasada na Comisión Constitucional, o Pleno do Congreso aprobou hoxe esta histórica modificación da LOREG, que restituirá o dereito ao sufraxio ás 100.000 persoas que non podían votar por ter modificada legalmente a súa capacidade, a maioría delas, persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Con esta reforma, a Cámara atende unha demanda histórica das organizacións da discapacidade.

Esta xornada pretende aportar información valiosa para os corpos de seguridade que lles axude a coñecer que é a discapacidade intelectual, así como os prexuízos ou falsas crenzas ao redor dela.

Profesionais e persoas con discapacidade intelecual de FADEMGA Plena inclusión Galicia ofreceron pautas para saber como detectar que unha persoa ten necesidades de apoio por unha posible discapacidade intelectual e sobre como actuar nas diferentes situacións nas que os axentes da policía municipal poidan atoparse. De especial relevancia son as recomendacións sobre como establecer, asegurar e favorecer unha boa comunicación coa persoa, así como a información sobre os recursos aos que acudir en caso de necesitar axuda especializada.

Poñemos en marcha unha nova convocatoria de cursos do Plan de Formación Prelaboral para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, co obxectivo de dotar ao colectivo da información e das ferramentas necesarias para unha busca activa de emprego así como de facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Entre as accións a desenvolver dentro deste Plan de Formación, cabe detacar a realización de talleres e cursos de formación prelaboral específicos, con diferentes contidos de interese como habilidades sociolaboráis, dereitos e deberes dos traballadores, informática, educación vial, resolución de conflitos, manexo do euro...

Profesionais de entidades de toda Galicia acoden anualmente a esta Sesión en busca de asesoramento para os casos máis complexos de abordar.

O obxectivo destas sesións é dotar aos profesionais que traballan no campo da discapacidade de instrumentos e ferramentas útiles que lles axuden a desenvolver o seu labor profesional e a abordar casos especialmente problemáticos.

Novidades fresquiñas:

Temos nova quenda do Servizo de Respiro Familiar, esta vez... moi navideña!

Este mércores daba comezo o proxecto colaborativo entre o SERGAS e FADEMGA Plena inclusión Galicia, que apostará pola mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no ámbito sanitario.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández Pérez, asinaban o pasado mes de maio un convenio para o desenvolvemento de actividades de sensibilización e mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público galego.

A pasada semana asomámonos novamente ao mundo do voluntariado, grazas ao curso sobre “O voluntariado en Plena inclusión", financiado a través da Consellería de Política Social.

Máis de 3.500 persoas con discapacidade intelectual, preséntanse este sábado ás oposicións convocadas polo Ministerio de Facenda Das 279 prazas convocadas, 23 delas irán parar a Galicia.

FADEMGA Plena inclusión Galicia prestou apoios durante todo o proceso, e este venres técnicos da federación acompañan aos opositores a Madrid para realizar as probas.

Os próximos 5 e 6 de outubro de 2018 celebraranse as "I Xornadas de Bioética de Aspronaga" na sede da Fundación María José Jove . (Edificio WorkCenter, C/ Galileo Galilei, 6, 15008 A Coruña).

Xa podes inscribirte nesta ligazón e elixir o taller ao que che gustaría asistir na xornada do venres. Bótalle un ollo ao PROGRAMA!

Centos de persoas con discapacidade intelectual participarán mañá nas oposicións para a categoría de ordenanza da Axencia Tributaria, unha convocatoria destinada a cubrir en toda España 20 postos laboráis en distintas administracións do país, entre elas a da Coruña.

O Boletín Oficial do Estado publicaba esta convocatoria o pasado 21 de maio, realizada en exclusiva para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual, e que se desenvolverá mañá sábado nas instalación da Facultade de Dereito do Campus de Elviña, a partir das 12:00 horas.

 Aprender técnicas e procesos para mellorar a participación; entender a vinculación entre a participación cidadá e as nosas entidades; establecer cales son os mecanismos viables para fomentar a participación cidadá; identificar a importancia da participación do voluntariado dentro de Plena inclusión... todos estos e moitos máis serán os obxectivos deste novo curso sobre o "Voluntariado en Plena inclusión" no que xa te podes anotar dende hoxe ata o vindeiro 18 de setembro.

Podes acceder á inscrición e información sobre o cuso premendo no enlace.

Esperámoste!

A VII Sesión Clínica de FADEMGA Plena inclusión Galicia xa está en marcha!

Este ano a xornada terá lugar o vindeiro 10 de outubro, no Salón de actos do Edificio CERSIA (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n. 15707 Santiago de Compostela)

Durante a Sesión contaremos co apoio e asesoramento do psiquiatra Luis Docasar Bertolo (Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense Verín e o Barco de Valdeorras) para a abordaxe de casos máis complexos no eido da atención ás persoas con discapacidade intelectual, nos que non somos capaces de ofrecer unha resposta efectiva.

Dende Plena inclusión queremos escoitar as túas reivindicacións!

A finais de novembro de 2018 celebraremos en Valladolid un novo encontro de Construímos Mundo.

Construímos Mundo é un proxecto de activismo e empoderamento das persoas con discapacidade intelectual no seu fogar, nas organizacións e na sociedade.

O pasado mes de maio a Axencia Tributaria convocou unhas oposicións de emprego público para persoas con discapacidade intelectual.

Estas oposicións eran para cubrir 20 prazas de ordenanza en oficinas da Axencia Tributaria de toda España.

Este informe urxe ás Administracións a "cumprir" a Lei 10/2014, do 3 de decembro de accesibilidade, á vez que reclama que "con urxencia, se acelere o proceso" de aprobación do Plan de Accesibilidade da Xunta.

Na súa elaboración participaron 30 persoas das organizacións ASPADEZA, JUAN XXIII, ASPNAIS, PAI MENNI, CHAMORRO, AMIPA, ASPANAEX,  ASPRONAGA e da propia federación.

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, inaugurou esta mañá a mostra de FADEMGA Plena inclusión Galicia e das súas entidades, no marco do proxecto “CapacitARTE. Así somos. Así o facemos’, que se poderá visitar no espazo da pirámide do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano.

A exposición está formada por unha vintena de fotografías e texto explicativo que reflicte o día a día deste colectivo, así como das actividades e programas que levan a cabo as 40 entidades que compoñen a Federación.

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernandez, explicou esta mañá ante o grupo parlamentario de En Marea, as principais reivindicacións do colectivo de persoas con discapacidade intelectual e familias de Galicia.

Entre as principais demandas que o presidente recolleu na súa exposición destacou a necesidade de abordar a Carteira de Servizos, “é necesario definir un sistema de avaliación do novo modelo así como unha análise de posibles riscos da súa implantación xa que esta nova carteira de servizos non deixa de ser o paso dun modelo real contrastado e eficiente a un modelo moi complexo do cal non temos probada a súa eficacia nin eficiencia”

Presentámosche #AMiñaOportunidade: a experiencia de Ana e Adrián na búsqueda dun posto de traballo digno, e o camiño que tiveron que andar da man dos técnicos de FADEMGA Plena inclusión Galicia para conseguir acceder a un emprego en igualdade de condicións ao resto de cidadáns.

Dentro Vídeos!

 

A Xunta de Galicia vai activar por primeira vez unha bolsa de emprego temporal reservada para persoas con discapacidade intelectual.

O prazo de inscrición comeza este xoves 28 de xuño e estará aberto ata o 15 de xullo. As persoas que se apunten nesta lista poderán traballar nas consellerías con contratos temporais.

A falta de tempo para explicarse, a linguaxe excesivamente técnica ou a falta dunha información clara e en termos que poidan comprender son algunhas das barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual cada vez que inician algún procedemento xudicial.

Este foi o punto de partida da xornada “Persoas con discapacidade intelectual e acceso á Xustiza” organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia co obxectivo de explicar as principais barreiras coas que conta o colectivo á hora de acceder á Xustiza e propoñer diferentes iniciativas que axudarían a facilitar este procedemento.

Como caracteriza a cada mes de xuño, FADEMGA Plena inclusión Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que se deron cita os directivos das entidades membro co fin de aprobar a Memoria e Balance de contas de 2017 así como o Plan de Acción 2018, e poñer a mirada na previsión de actividades que están por vir.

Poñemos en marcha unha nova xornada formativa sobre "Planificación centrada na persoa",que terá lugar o vindeiro 29 de setembro, e será impartida na sede da Asociación AS BURGAS, por Fausto García, psicólogo e director técnico do servizo de adultos da asociación BATA, así como membro da Rede de Consultoría de Plena Inclusión España.

O Hospital da Costa de Burela acolle este venres a segunda xornada sobre "Saúde Mental e Discapacidade intelectual" organizada conxuntamente pola asociación ASPANANE e FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, a xornada supón un foro de reflexión e debate sobre a atención sanitaria das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, ao tempo que axuda a sensibilizar e informar sobre as implicacións de ter unha discapacidade intelectual con enfermidades mentais asociadas.

O Conselleiro de Facenda, D. Valeriano Martínez, presidiu esta mañá o acto onde 6 persoas con discapacidade intelectual merecedoras dun posto na Administración tomaron posesión da súa praza.

Coa elección dos seus futuros destinos laboráis culmínase con éxito a primeira etapa dun camiño iniciado en marzo de 2015 coa aprobación da primeira oferta de emprego público con reserva de prazas para persoas con Discapacidade Intelectual. A federación aproveitou este acontecemento para amosar a súa satisfacción polo desenvolvemento do que foi o primeiro proceso selectivo de emprego público reservado a persoas con discapacidade intelectual.

As persoas con discapacidade intelectual enfróntanse a un envellecemento prematuro en comparación co do resto de cidadáns xa que este proceso se inicia nalgúns casos a partir dos 45 anos ou mesmo antes.

Por iso, dende FADEMGA Plena inclusión queremos poñer o foco no ámbito da prevención e no da atención directa para mellorar a calidade de vida deste colectivo.

Poñemos en marcha unha nova xornada sobre o acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual, nesta ocasión, dirixida a xuíces, fiscais, letrados da administración de xustiza, médicos forenses, abogados, procuradores...

Existen datos que nos indican que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento atopan importantes barreiras no goce do seu dereito de acceso á xustiza. Estas barreiras poden estar relacionadas con dificultades de comunicación e comprensión da propia persoa; co noso modelo sociocultural do que derivan prexuízos e estereotipos sobre a discapacidade; coa falta de coñecemento dos profesionais sobre as persoas con discapacidade e os seus dereitos; ou coa complexidade do sistema de Administración de Xustiza.

 

O Boletin Oficial do Parlamento de Galicia publicou no día de onte o nome do aspirante que superou o proceso selectivo para a praza de uxier en réxime de interino reservada en exclusiva para ser cuberta por persoas con discapacidade intelectual.

 

O aspirante que superou o proceso selectivo recibiu formación específica para este e outros procesos selectivos, así como apoios, asesoramento e información da Área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Xa estamos a traballar nunha nova edición da Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que organizamos xunto coa asociación ASPANANE, e queremos contar coa túa participación!

A xornada celebrarase os días 8 e 9 de xuño. O día 8 de xuño será no Salón de actos do Hospital da Costa de Burela (Rafael Vior, s/n 27880 Burela (Lugo) e o 9 de xuño será no Conxunto histótico artístico de Sargadelos. Carretera río Cobo. San Ciprián Cervo).

Un ano máis, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, poñemos en marcha o "Curso Básico de Formación de Dirixentes: En Plena Forma"!

Como sabedes, o obxectivo desta formación é constituir unha comunidade de aprendizaxe que ofreza ós dirixentes a oportunidade de mellorar as competencias necesarias para liderar as organización de acordo á oferta de empleo en fademga vigo para preparador laboral formador.

Este curso é un dos requisitos para o acceso á etapa de despregamento e seguintes do Sistema de Calidade Plena inclusión e para a súa acreditación (Na 2ª etapa de Calidade Plena inclusión, se esixe que polo menos o 50% dos directivos da entidade teñan realizado esta formación).

Baixo o lema, “Dinamizando o noso movemento asociativo”, a Comisión de Irmáns e cuñados de FADEMGA organiza a 2ª Convivencia Formativa.

Dous días de confraternización co obxectivo de intercambiar experiencias, onde se abordarán diferentes aspectos de interese para os familiares como a importancia da participación na vida asociativa ou a necesidade de comunicar ben e estar presentes na vida dos nosos familiares con discapacidade.

Xa está en marcha a segunda edición da Xornada Plena Saúde, que este ano terá lugar o vindeiro 25 de maio, na Casa das Asociacións do Edificio CABES (Rúa Manuel María, 6 15704 -Santiago de Compostela).

Nesta xornada diferentes profesionais ofrecerán ós asistentes estratexias e ferramentas para o coidado da saúde, promovendo asi a súa responsabilidade e autonomía.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de sensibilización e a mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público galego.

En base a este convenio, as actuacións a desenvolver son dunha banda, a difusión de vídeos entre os profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a colocación de carteis da campaña de sensibilización Prepárate para entenderme nos centros de saúde e hospitais da rede sanitaria pública galega. E, doutra banda, a realización do programa Aténdeme-Enténdeme, a través do cal persoas con discapacidade intelectual transmitirán aos equipos de Atención Primaria en visitas programadas as súas necesidades e características propias e proporán algunhas ferramentas para mellorar as habilidades dos profesionais na comunicación con este colectivo.

Segundo os datos recolleitos no informe ODISMET 2017, o desemprego no colectivo de persoas con discapacidade intelectual alcanza o 44,7%: 80.000 persoas, das que máis da metade son desempregadas de longa duración.

O INE apunta outro dato preocupante: en 2016 un 89,6% destas persoas non cursaba ningún estudo, unha situación que dificulta aínda máis a súa empleabilidad e propicia postos de traballo peor pagos e menos cualificados.

Santiago acolleu este venres a celebración do 1º Encontro de clubs de lectura fácil, onde máis de 100 persoas se reuniron para reivindicar a importancia de eliminar as barreiras cognitivas, puidendo así garantir que as mensaxes e a información que ofrecemos sexan comprendidas polo conxunto da cidadanía.

Durante o encontro, puidemos coñecer experiencias e boas prácticas sobre accesibilidade cognitiva, sobre lectura fácil e mesmo sobre os novos clubs de lectura que tanto se están a medrar nos últimos anos a través de entidades e bibliotecas da nosa contorna, grazas en parte ao traballo e colaboración que están a levar a cabo asociacións e editoriais como BATA e a editorial Kalandraka, Galaxia con Juan XXIII, ou a editorial SM coa edición da colección de Lectura Fácil de El Barco de Vapor.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar esta mañá a adxudicación de prazas reservadas en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual, na categoría de ordenanza.

Das 6 prazas ofertadas, 5 son adxudicatarias de persoas que recibiron formación específica para a superación dos procesos selectivos, así como apoios, asesoramento e información da Área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Estes resultados respaldan novamente o bo facer así como a calidade dos servizos ofertados pola nosa Área de Emprego, que dende hai máis de 10 anos traballa diariamente desenvolvendo actuacións orientadas a fomentar o emprego das persoas con discapacidade intelectual, así como o apoio a todas aquelas que xa o teñen e queren mantelo.

“Por que ti podes ler e eu non?” Esta é a pregunta que moitas persoas con discapacidade intelectual fanse ao non poder acceder á lectura.

A accesibilidade cognitiva é un termo descoñecido para a maioría da sociedade. Sen embargo, trátase dunha ferramenta fundamental para facer o mundo máis fácil de entender para todos e todas, de maneira que aquilo que nos rodea, ben sexa información, sinalización dun edificio, unha sentenza ou unha páxina web, sexa fácil de comprender para todas as persoas.

Plena inclusión, organizará os próximos 6 e 7 de xuño, en Madrid, unhas xornadas sobre o dereito á sexualidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Baixo a lema, "Do tabú á tarefa", estas xornadas estatais servirán para compartir experiencias de persoas e organizacións, tanto de Plena inclusión como da contorna sobre a sexualidade neste colectivo de persoas.

"Ferramentas para mellorar o benestar" e "Obradoiro de duelo" son as dúas novas ofertas formativas que lnzamos para o vindeiro mes, e nas que xa podedes solicitar a vosa praza.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha a 1ª Xornada de Clubs de Lectura Fácil, unha iniciativa coa que pretendemos visibilizar a importancia de adaptar a información e a cultura para que esta sexa accesible a todas as persoas.

Durante esta xornada -que terá lugar o próximo 27 de abril no Hotel Congreso- teremos a oportunidade de coñecer a importancia de eliminar as barreiras cognitivas para garantir que as mensaxes e a información que ofrecemos sexan comprendidas polo conxunto da cidadanía.

As organizacións para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento temos como obxectivo xerar oportunidades e apoios para que cada persoa poida gozar dunha vida plena e de calidade.

Para que as persoas con discapacidade intelectual podan perseguir os seus soños, debemos apoialos e axudalos a desenvolver competencias e habilidades necesarias.

A continuación preséntamosvos unha serie de obradoiros que permitirán ós participantes traballar e reforzar aquelas competencias e habilidades que os axudarán a ter unha vida plena.