Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

FADEMGA FEAPS GALICIA está a organizar varios cursos de formación para axudar a todas aquelas persoas con discapacidade intelectual inscritas para as oposicións para o posto de Ordenanza da Administración Xeral do Estado convocadas por RESOLUCION de 10 de diciembre de 2014 da Dirección Xeral da Función Pública (BOE do 19/12/2014).
 
Os cursos van a desenvolverse nas localidades de A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo e Ourense. A duración das clases será de 4 horas semanais desde o mes de febreiro ata a data do exame (previsión: finais de maio ou principios de xuño)
 
Para inscribirse ou realizar calquera consulta, poden contactar con calquera dos técnicos de Orientación da Federación nos seguintes teléfonos:
 
• SIOL Santiago: 981 56 66 76 (Manel Fernández ou Paula Álvarez)
• SIOL Lugo: 982 26 54 36 (Manel Fernández ou Paula Álvarez)
• SIOL Vigo: 986 37 36 12 (María Teira ou Daniel Caeiro)
• SIOL Ourense: 988 39 13 52 (Ivanka Piñón)
Según un recente estudo publicado pola Confederación española de persoas con discapacidade intelectual (FEAPS) un 6,5% dos reclusos ten discapacidade intelectual ou enfermidade mental, o que supón unha prevalencia moi superior á do resto da poboación, e, destas persoas, sete de cada dez ingresa en prisión sen que se detectara de forma previa o seu problema.
 
Para facer fronte a esta realidade que se vive nos cárceres, FADEMGA FEAPS GALICIA ven de publicar un manual que se distribuirá nos centros penitenciarios galegos e que supón unha aproximación á discapacidade intelectual no ámbito penitenciario. O obxectivo desta publicación é ofrecer unha ferramenta para aqueles profesionais que desenvolven o seu traballo dentro dos centros penitenciarios, aportando información sobre a discapacidade intelectual e orientacións á hora de por en marcha posibles actuacións.
 
A través desta Guía faise un repaso polas implicacións da discapacidade intelectual, os seus tipos, causas e características así como as orientacións para un trato adecuado ao tempo que serve como axuda aos profesionais para que podan detectar entre a poboación reclusa posibles casos de discapacidade intelectual.
 

Un ano máis o Concello de Ourense estivo a colaborar con FADEMGA FEAPS Galicia na integración laboral das persoas con discapacidade intelectual na cidade de Ourense.
 
Grazas a esta colaboración, FADEMGA puido ofrecer na cidade o seu Servizo de Información e Orientación Laboral, así como no Servizo de Formación para o Emprego, ambos orientados á integración sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual.
 
Igualmente, a colaboración co Concello fixo posible a realización de diferentes accións formativas como obradoiros de informática básica e de habilidades laboráis, que permiten mellorar os coñecementos e a preparación dos usuarios e aumentar as posibilidades de encontrar un emprego.
 
 
O pasado ano tiña lugar unha xornada sobre calidade FEAPS dirixida a tódalas entidades federadas na que responsables de calidade das entidades JUAN  XXIII, ASPANAEX, ASPRONAGA, AGASFRA e BATA (pertencentes ao proceso de CALIDADE FEAPS) contaron as súas experiencias e os beneficios que o proceso aportou nas súas entidades.
 
Nesta mesma xornada anunciábase a apertura da convocatoria para formar parte do grupo de entidades que se comprometerán a impulsar a CALIDADE FEAPS nos seus centros. Despois de meses de traballo, dende o pasado decembro o grupo de responsables de calidade xa é unha realidade, estando composto polos profesionais das entidades JUAN XXIII, ASPANAEX, ASPRONAGA, ASPNAIS, ASPAS, CHAMORRO, BATA, ASPANANE, AMIPA, ACEESCA e AMICOS.
 
A primeira reunión do grupo, tivo lugar na mañá do 15 de Decembro, e comezou coa benvida e presentación que dinamizou a responsable de calidade da federación e seguiu coa exposición de claves a ter en conta para un bó funcionamento de grupo que relatou Santos Hernández (Técnico y Experto Consultor de FEAPS).
Esta xornada de presentación tamén contou cos responsables de calidade de FEAPS Extremadura (Atocha Mena) e FEAPS Madrid (Luis Cases) que relataron aos asistentes a traxectoria dos grupos de responsables de calidade FEAPS que teñen nas súas comunidades autónomas e contestaron aquelas dúbidas xurdidas polos participantes.
 
A reunión resultou un espazo de encontro e participación e serviu para que os membros do grupo se coñecesen e fixaran a seguinte reunión na que se estableza a misión e normas de funcionamento para o día 20 de xaneiro de 2015.
Durante o pasado ano, o centro de equinoterapia “La Finca” (Ferrol) estivo a acoller sesións de equinoterapia, nas que participaron un total de 14 persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos ou en proceso de avellentamento, todas elas membros da asociación ASPNAIS, (entidade na que se levou a cabo o programa ó longo do 2014).
 
A equinoterapia é unha forma de traballo integral e complementario de rehabilitación e educación, que busca mellorar a calidade de vida da persoa. Baséase no emprego do cabalo como axente mediador e xera beneficios tanto a nivel físico e psicolóxico como emocional.
 
Esta actividade non se practica únicamente montando a cabalo, senón tamén en contacto co animal, posto que a percepción sensorial ten un papel importante así como o diálogo co terapeuta. A sesión comeza cunha aproximación suave e paulatina para crear un clima de confianza: é a fase de coidado do animal no que se acaricia e cepilla.
A continuación realizase unha fase de traballo que consiste en dirixir o cabalo, pasealo pola pista.. para chegar finalmente a poder montalo e realizar xogos, equilibrios etc.