Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

 

O Presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual (Fademga Feaps Galicia), Don Julio César Cortiñas,  compareceu o venres 13 de maio ante a prensa, co fin de manifestar a oposición do colectivo de persoas con discapacidade intelectual ao cambio de uso da macroresidencia  construída en Bóveda.

Esta macroresidencia, construiuse inicalmente para atender a persoas da terceira idade,  con todo, debido á  falta de usuarios,  este centro destinarase agora á atención de persoas con discapacidade intelectual, despois de que unha empresa con ánimo de lucro negociase apoios coa Xunta, co fin de poder atender a persoas gravemente afectadas.

Dada a súa localización e magnitude,  a residencia ataca os principios básicos da inclusión das persoas con discapacidade intelectual, polo que  o noso colectivo quere manifestar a súa máis firme oposición a esta macroresidencia, e solicita ao Presidente da Xunta a súa intervención neste sentido.

  X Solidaria_2011.jpg

Representantes de organizacións non lucrativas galegas, entre as que se atopaba Fademga Feaps Galicia, presentaron este martes día 3 de maio a Campaña X SOLIDARIA que cada ano se leva a cabo  para concienciar ás/aos contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos: persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia, mulleres...

No acto de presentación da Campaña X Solidaria (coordinada polas principais plataformas galegas que representan ás ONGs) estiveron presentes o Secretario de EAPN Galicia, David Silva, o Director de EAPN Galicia, Xosé Cuns, o Secretario Xeral de FAXPG, Iker Sertucha e mailo Xerente de Fademga Feaps Galicia, Antonio Fuentetaja Cervelo, ademais de outros membros de outras entidades sociais.

 

- Algúns dos puntos que aborda é o bo uso da linguaxe, a inclusión normalizada, o coñecemento deste grupo social, a accesibilidade á información e o diálogo continuo entre medios e persoas con discapacidade
decalogo CERMI.jpg
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) acaba de publicar a segunda edición do "Decálogo para un uso apropiado da imaxe social das persoas con discapacidade", destinado, principalmente, aos medios de comunicación.

O documento foi elaborado pola Comisión de Imaxe Social da Discapacidade e Medios de Comunicación do CERMI Estatal, presidida por Juan Antonio Ledesma, coa asistencia técnica de Leonor Lidón Heras. 

 

- A Organización Mundial da Saúde, sinala que a "Saúde é o estado do completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de infeccións ou enfermidades lixeiras, fortes ou graves"

- O artigo 25 da Convención da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade recoñece que estas persoas "teñen dereito a gozar do máis alto nivel posible de saúde sen dia de la salud.jpgdiscriminación por motivos de discapacidade", e deben poder acceder a servizos de saúde "da mesma variedade e calidade" que os ofrecidos ao resto das persoas, "mesmo no ámbito da saúde sexual e reprodutiva"


No Día Mundial da Saúde, dende FADEMGA FEAPS GALICIA reivindicamos o dereito das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a acceder aos Sistemas Públicos de Saúde en igualdade de condicións que o resto das persoas.
Está demostrado que estas persoas teñen máis problemas que o resto de cidadáns para acceder aos servizos sanitarios, tanto de atención primaria como na especializada; e que ademais estas persoas teñen máis probabilidades de manifestar problemas como a obesidade, cardiopatías, respiratorios, etc. Todo iso diminúe substancialmente a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Así mesmo, solicitamos á sociedade e ás diferentes administracións públicas que a atención sanitaria destas persoas se aborde desde un punto de vista integral, que teña en conta o benestar físico, emocional e social das persoas con discapacidade intelectual.

Para logralo, débense fomentar contornos inclusivos onde as persoas con discapacidade intelectual participen en igualdade de condicións, como cidadáns de pleno dereito, tal e como establece a misión do noso movemento asociativo . Unha sociedade máis sana, desde este punto de vista, é unha sociedade máis xusta, onde hai cabida para tódalas persoas.

En relación con esta concepción integral da Saúde, solicitamos tamén ás Administracións unha maior coordinación entre as áreas de Saúde, Educación e Asuntos Sociais, que garanta a dimensión social do ámbito sanitario.

 

 

 
O pasado 31 de marzo, reuníronse en Madrid os Equipos Guía dos 11 Proxectos do IV Plan Estratéxico de FEAPS (2011-2014) , que seguen os pasos dos 4 proxectos piloto que comenzaron a traballar o pasado 3 de febreiro. Todos eles encargaranse de orientar, facer seguemento e avaliar a actuación estratéxica de FEAPS durante os próximos 4 anos.


Coa firma deste Convenio a CEL aposta pola colaboración co colectivo de persoas con discapacidade intelectual de Galiciaweb cel.jpg

O Presidente de Fademga Feaps Galicia, Julio Cortiñas, asinou xunto ao Vicepresidente da CEL (Confederación de Empresarios de Lugo) , Nivardo Rego Valle, un Convenio de Colaboración mediante o cal, a CEL colaborará con Fademga Feaps Galicia na difusión das Accións de Inserción Laboral que se levan a cabo dende a Área  de Emprego e Formación de Fademga Feaps Galicia, así como a Promoción da Integración Sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual no ámbito empresarial de Lugo.

Fademga anima ás persoas con discapacidade a realizar consultas e denuncias sobre os seus dereitos.

Esta nova web  da Oficina Permanente Especializada do Consello da Discapacidade - creada polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade - permite aos cidadáns realizar consultas e denuncias relacionadas coa igualdade de oportunidades e a discriminación no acceso aos servizos públicos.

A Oficina Permanente Especializada (OPE), é un órgano consultivo de carácter permanente e especializado do Consello Nacional da Discapacidade, encargado de promover a igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal. Esta Oficina presta servizos de asesoramento, estudos e análise de consultas, queixas ou denuncias presentadas por calquera cidadán.

 

Os Príncipes de Asturias e a Ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, foron os encargados de inaugurar o Ano Europeo do Voluntariado 2011 en España.

Con motivo desta inauguración, celebrouse unha xornada que tivo como principal relator ao presidente da Fundación Cultura e Paz, Federico Maior Zaragoza, despois do cal se explicaron os obxectivos deste ano e as accións que se levarán a cabo para a difusión do mesmo. Como remate do acto, persoas que traballan como voluntarias en varias organizacións explicaron a súas experiencias persoais.


O obxectivo xeral deste ano é fomentar e apoiar o intercambio de experiencias e boas prácticas para crear as condicións na sociedade civil que favorezan o voluntariado, así como mellorar a visibilidade das actividades de voluntariado.

En España hai aproximadamente 870.000 persoas voluntarias só no ámbito da acción social. Delas, a maioría son mulleres.

    * Nota de prensa do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade
    * Páxina oficial do Ano Europeo do Voluntariado en España
    * Páxina oficial do Ano Europeo do Voluntariado

 

2011europeo voluntariado.jpg

 


Xa están dispoñibles as conclusións do X Encontro Autonómico de Autoxestores, que tivo lugar o pasado mes de novembro en Vigo.
Ademáis destas conclusións poderedes atopar tamén diversa documentación relativa aos obradoiros e poñencias celebrados.
 
 
 
 
Outros documentos:
 

Díptico del X Encontro

Taller Malos Tratos

Grupos de Autogestores: Origen, historia, futuro

Taller de Cociña

O Concello de Ourense, concedeu a Fademga Feaps Galicia unha subvención de 5.438,50 euros destinados ó Servizo de Orientación Laboral e ó Servizo de Apoios para o Emprego de Persoas con Discapacidade Intelectual para o 2015.


A subvención, concedida a través da Convocatoria de Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en matéria de benestar social,  axudará á difusión dos servizos que presta actualmente Fademga Plena inclusión Galicia dende a área de emprego e formación e á promoción e mellora da inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual a través de procesos formativos ou de inserción laboral axeitados ás súas características e necesidades individuais.